Bescansa asegura en Betanzos que Podemos Galicia "non romperá alianzas"

A candidata a liderar Podemos Galicia Carolina Bescansa asegurou que o partido morado "non romperá alianzas" porque iso sería xogar a favor "da dereita de Feijóo" que, segundo a santiaguesa, "ten medo á xente" e "por iso" buscan "dividir".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2018 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

"Tenlle medo a xente, téñennos medo, por iso quérennos dividir. Non van dividir, non imos romper alianzas. A mala xente está a repartir o de todos entre os amigos; non está en Podemos, nin nas mareas, nin nos nosos aliados", asegurou Bescansa nun encontro mantido con inscritos de Betanzos (A Coruña).

Carolina Bescansa en Betanzos na súa campaña para liderar Podemos Galicia. PODEMOS GALICIA
Carolina Bescansa en Betanzos na súa campaña para liderar Podemos Galicia. PODEMOS GALICIA | Fonte: Europa Press

Este acto serviu de pistoletazo de saída para a súa campaña no proceso interno que concluirá o próximo día 25 coa proclamación de resultados dunhas primarias nas que se mide ao deputado de En Marea Antón Gómez-Reino.

Así, a compostelá, que encabeza a candidatura apadriñada pola dirección saínte, emprazou a que a campaña de Podemos Galicia sirva para "sumar" e que "sexa exemplo de propostas e participación".

En Betanzos, Carolina Bescansa puxo o foco na "responsabilidade histórica" que, di, teñen os inscritos de Podemos sobre "o futuro" de Galicia.

CAMBIAR O "MODELO PRODUTIVO"

"Se non cambiamos o noso modelo produtivo o mercado de traballo non vai cambiar", remarcou Bescansa, que cre que existen "os mesmos problemas que en 2014", ano do nacemento de Podemos, "co inconvinte de que se está instalando unha normalización da precaridad".

"Temos que decidir se queremos resignarnos a seguir vendendo leite ou se apostamos por elaborar produtos que poidan competir que poidan competir por calidade máis aló das nosas fronteiras", apuntou.

Así as cousas, fixou como obxectivo reforzar o partido para poder pór fin a "corenta anos de gobernos populares en Galicia que só serviron para consolidar un modelo produtivo extractivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 lóstrego

Gustaríame que podemos competise só nas eleicións. Tanto que van de motor do cambio, veríase a súa incapacidade e o seu verdadeiro peso na marea. Están máis que inflados, e o pior e que anova sábeo.

2 Ferriño

Para empezar xa están rompendo Podemos. Tampouco se perde moito

1 Gamela

Confusión moita confusión... Seica a "mala xente" está a repartir o noso entre os "amigos" ? Especialmente cando van de Comunistas Galegos (EU) http://www.parlamentodegalicia.es/s... Así mal comeza a verbena... Unidade para Seguir Chupando do Bote ?