O Goberno galego destaca que os cazadores xogan un papel “imprescindible” na prevención dos lumes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, di que tras a vaga de incendios de hai un ano a xente está “máis concienciada” e por iso o verán foi o "mellor da historia" sen lumes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/10/2018 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que a vaga de incendios da que se cumpre un ano este luns marcou "un antes e un despois" na sociedade galega que, ao seu xuízo, está agora "máis concienciada" coa problemática, o que fixo que o pasado fose "o mellor verán da historia".

Cazador cazando
Cazador cazando

Vázquez, que no momento da vaga de incendios de outubro de 2017 estaba á fronte da Consellería do Medio Rural, realizou estas declaracións antes de manter un encontro con representantes da Federación Galega de Caza, un colectivo que, segundo a conselleira, xoga un papel "imprescindible" na conservación do territorio e, por tanto, en materia de prevención de lumes forestais.

Un ano despois da vaga de incendios que custou a vida a catro persoas e arrasou case 50.000 hectáreas, a titular de Medio Ambiente incidiu en que o 15 de outubro é unha data de "triste recordo" para Galicia "aínda que serviu á administración e aos galegos para concienciarse". Así, resaltou as 30 medidas impulsadas polo Goberno autonómico para combater a problemática dos incendios forestais que, segundo Vázquez, partiron de "a sociedade" e a Xunta "acatou".

Nesta liña, puxo o foco no acordo subscrito pola Xunta a semana pasada con axentes forestais e ambientais, enfocado ao obxectivo de "seguir profesionalizando o colectivo que se enfronta día a día aos incendios"; ou o convenio asinado coa Fegamp para a limpeza de franxas de seguridade.

Respecto disto último, lembrou que son "máis de 140 concellos" os que se sumaron a este acordo porque, para a titular de Medio Ambiente, en materia de incendios e territorio "non existe a ideoloxía política".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta