Feridas dúas persoas nunha colisión múltiple en Mos

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres nunha colisión na que se viron implicados tres turismos no concello pontevedrés de Mos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/10/2018 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres nunha colisión na que se viron implicados tres turismos no concello pontevedrés de Mos.

A Guardia Civil nun accidente en Mos
A Guardia Civil nun accidente en Mos | Fonte: GUARDIA CIVIL PONTEVEDRA

Segundo indicou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso produciuse sobre as 9,30 horas no quilómetro 9 da A-55, en sentido Vigo.

Até a zona desprazáronse axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como membros dos Bombeiros de Baixo Miño e Protección Civil. O 061 trasladou aos feridos á Clínica Fátima e ao centro médico Perpetuo Socorro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta