Diminúe a chegada de estranxeiros a Galicia nun 77%

Case 1.000 residentes estranxeiros adquiriron a nacionalidade española en 2017 en Galicia, fronte aos case 4.000 de hai un ano. E iso, a pesar do repunte da ultradereita que critica a chegada de extranceiros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Un total de 927 estranxeiros residentes en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2017, o que supón un descenso do 76,52% fronte aos 3.948 do ano anterior. De acordo cos datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), foron un total de 531 mulleres e 396 homes os que adquiriron nacionalidade española na comunidade galega en 2017.

Traballador estranxeiro
Traballador estranxeiro

No conxunto estatal, ese ano, un total de 66.498 estranxeiros residentes adquiriron a nacionalidade española, o que supón un 55,9% menos que o ano anterior. Das case 66.498 persoas estranxeiras que a obtiveron, o 49,2% foron mulleres e os 50,8% homes. Por idade, as persoas entre 0 e 9 anos constituíron o grupo máis numeroso en canto a adquisicións de nacionalidade española.

NACIONALIDADES DE ORIXE

A nacionalidade de orixe máis frecuente entre as persoas que en 2017 adquiriron a española foi a marroquí, con 17.082 casos, seguido de Ecuador, con 7.301; Bolivia, con 6.124; Colombia, con 5.647; República Dominicana, con 4.107; e Perú, con 3.224 casos. A continuación sitúase a nacionalidade paquistaní con 1.708 persoas; a arxentina, con 1.445; a cubana, con 1.429; e a brasileira, con 1.294.

Doutra banda, o país de nacemento máis frecuente nas adquisicións de nacionalidade española foi España, con 14.192 casos dos que o 89,9% eran menores de 10 anos. Entre os nados fóra, o país de nacemento máis frecuente foi Marrocos, con 9.334 adquisicións de nacionalidade; seguido de Ecuador, con 6.285 casos; Colombia, con 5.488; Bolivia, con 5.234; República Dominicana, con 3.718; Perú, con 3.139; Arxentina, con 1.538; Cuba, con 1.427; e Paquistán , con 1.279 casos.

Por comunidades autónomas, na Comunidade de Madrid resolvéronse 18.158 casos e en Cataluña 17.591, polo que concentraron o 53,8% das adquisicións de nacionalidade española no ano 2017. Pola súa banda, Cantabria (336) e Estremadura (352) foron os territorios con menor número de adquisicións de nacionalidade entre os seus residentes.

A MAIORÍA ADQUIRIUNA POR RESIDENCIA

Nun total de 41.180 casos, a nacionalidade foi adquirida por residencia, mentres que en 25.200 foi por opción. Esta última modalidade deuse sobre todo nos menores de 20 anos (95,6% do total desa idade).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta