Tellado recoñece a "sobrecarga" da atención primaria, pero alega que "non hai médicos"

Respecto do tema de Vox, cre que na nosa comunidade "non hai lugar para radicalismos" e que "o espazo de centro dereita está representado polo PP"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/12/2018 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, admitiu que en Galicia "hai unha sobrecarga na atención primaria" pero alegou que o problema que non hai "máis médicos", algo que imposibilita que a Xunta os contrate.

Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego
Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego | Fonte: E.P.

Tellado, nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa  Press, falou sobre a situación da sanidade en Galicia, a construción das fragatas  F-110 en Ferrol e o auxe de  VOX. Respecto do tema sanitario, o popular recoñeceu o problema que hai en Galicia coa "sobrecarga" na atención primaria, e explicou que "a Xunta quere contratar máis médicos de primeira a través do Sergas, pero non os atopa".

Para reverter a situación, avogou por "traballar para descargar os profesionais médicos do traballo administrativo", en "melloras á enfermería" e en "optimizar a  teleconsulta". Así, pediu "traballar conxuntamente máis aló de buscar réditos políticos".

FRAGATAS DE FERROL E AUXE DE  VOX

Tellado defendeuse das críticas procedentes do Partido Socialista que vinculan os atrasos na contratación por parte do Goberno de Rajoy con supostos intereses da empresa de Pedro  Morenés, ex ministro de Defensa.

Sobre este particular argumentou que se trata dunha "cortina de fume para obviar o problema que tivo a nova ministra de Defensa coas corvetas de Arabia Saudita". Ademais, explicou que "calquera veciño de Ferrol vinculado ao sector naval sabe que a elección do tipo de mísil non xera atrasos nesa fase de deseño".

Por outra banda, ante a presentación de Vox en Ourense, responsabilizou a Pedro Sánchez do que sucedeu nas eleccións andaluzas, debido ao seu acordo "coa esquerda máis radical, cos herdeiros da antiga Batasuna e co máis radical do secesionismo catalán".

O secretario  xeral dos populares galegos reflexionou que Galicia ten "un sistema político propio" e aliñouse con Pablo Casado, ao declarar que "o espazo de centro dereita está perfectamente representado polo PP" e que "non hai lugar para radicalismos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

Falou o sabio sen comité