O diario de máis tirada de Arxentina critica a Feijóo por "negar" a represión franquista
Nun extenso artigo, Clarín refírese á polémica polo traslado e posterior discurso de Feijóo sobre o cadro a "A derradeira leición do mestre", de Castelao. Recolle tamén a opinión dunha doutora en Historia da Arte dunha coñecida institución arxentina que considera "inadmisible que se borre neste texto --o da exposición-- a clave histórica, política, social e cultural dese asasinato“.