O primeiro curso de microbioloxía de acceso aberto en Twitter alcanzou máis de 47 millóns de impresións

A Universidade de Santiago foi unha dos dezaoito institucións científicas e académicas que participaron no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/12/2018 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago (USC) foi, xunto coas Universidades de Oxford ou Stanford, unha das dezaoito institucións científicas e académicas que participaron no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter, unha iniciativa organizada polo grupo de Ensino e Difusión da Microbioloxía da Sociedad Española de Microbiología (SEM) coa colaboración da Federación de Sociedades Microbiolóxicas Europeas (FEMS).

Microbioloxía.
Microbioloxía.

Ao longo de sete semanas de outubro e novembro e con clases programadas de antemán, un total de 21 microbiólogos de distintas universidades e centros de investigación localizados en Europa, Estados Unidos e Corea do Sur impartiron conferencias en forma de chíos. En concreto, da Universidade de Santiago participou o profesor da USC Jesús L. Romalde, que falou sobre patoxenicidade e virulencia bacteriana.

En total, 3.041.388 usuarios únicos publicaron no curso e houbo 47.295.396 impresións (veces que os usuarios viron publicacións con #EUROmicroMOOC). Ademais, o número de seguidores da conta de @SEMicrobiologia Twitter aumentou en 1.143 despois das sete semanas. En canto ao seguimento, repartiuse por todo o mundo: o 64,5% de España, o 13,9% do resto de Europa, o 10,2% de América Latina e o 5,7% dos EE. UU.

Os datos confirman, segundo un dos organizadores, o profesor da Universidade de Navarra Ignacio López-Goñi, que o curso é unha “valiosa ferramenta” accesible para grandes audiencias “para comunicar a ciencia, facer a ciencia aberta e accesible e aumentar a visibilidade da microbioloxía en todo o mundo”.

O curso pode agora consultarse en liña grazas á ferramenta Wakalet aberta en https://wakelet.com/@SEMicrobiologia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta