Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2018 | Actualizada ás 19:55
O presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os candidatos populares ás alcaldías das sete cidades galegas son os protagonistas dun vídeo "a proba de 'haters'" que colgou o partido nas súas redes sociais para felicitar o Nadal e o Aninovo 2019.
No vídeo, os populares len e reaccionan a comentarios e insultos que lles propinan varios usuarios de Internet. En concreto, ao líder do PP galego chéganlle a dicir: "A Núñez Feijóo lle clarea a coronilla, dígoo por se sodes galegos e lle ides votar por ter un pelazo".
"Vexo que vos fixastes moito, si si. Que lle imos a facer", responde o titular do Goberno autonómico entre risas. Ademais, outro usuario lle suxire: "E fala galego dunha (...) vez, que es presidente da Galiza".
Tamén aparece a candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, a quen chaman "amargada" e lle piden que os 'peperos' "se vaian a tomar un pouquiño (...)". "Pois non nos imos ir a ningún sitio, teño unha mala noticia", responde a popular.
Ó cabeza de lista en Pontevedra, Rafa Domínguez, aféanlle que "antes era don Rafael Domínguez, pero agora ao estar en política e para facerse máis próximo é Rafa". Así, este responde: "Era Rafa antes e son Rafa agora".
Este vídeo en clave humorística lanzado polo propio partido nas redes sociais péchase con palabras de Feijóo: "Aínda que algunhas veces non o parece, é moito máis o que nos une que o que nos separa. Por iso, boNadal e próspero 2019".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.