Noriega reitera que "ninguén entendería" que a dirección de En Marea apoiase outras candidaturas nas cidades

O rexedor santiagués pon como exemplo o que aconteceu en Ferrol, onde membros da coordinadora do partido instrumental apoiaron a creación de Marea de Ferrol, promovido por antigos membros de Ferrol en Común.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O rexedor santiagués, Martiño Noriega, reiterou que "ninguén entendería" que a dirección de En Marea apoiase outras candidaturas municipalistas nas cidades, como aconteceu en Ferrol, onde membros da coordinadora do partido instrumental apoiaron a creación de Marea de Ferrol, promovido por antigos membros de Ferrol en Común.

Martiño Noriega, alcalde de Santiago, en rueda de prensa
Martiño Noriega, alcalde de Santiago, en rueda de prensa | Fonte: Europa Press

Noriega incidiu en que a súa intención para o novo ano é "centrarse" no ámbito local e "ser discreto" á hora de pronunciarse sobre En Marea, que a partir deste sábado contará cunha nova dirección na que seguirá á fronte Luís Villares, cuxa lista se impuxo nas primarias á do sector crítico, na que participaba Compostela Aberta.

Con todo, matiza que pretende "hibernar, non desconectar" do espazo político a nivel galego, que atravesa unha profunda crise sobre a que planea a posibilidade de ruptura tras meses de diferenzas entre a dirección de Villares e o sector crítico, no que se aliñan Podemos, Anova, Esquerda Unida e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña.

Precisamente o nacemento de Marea de Ferrol e o apoio dalgúns membros da dirección do partido instrumental a este proxecto supuxo un dos episodios que máis fricción creou entre oficialistas e críticos, que tacharon de "deslealdade" cara ás mareas locais que a coordinadora alentase candidaturas "paralelas".

Agora, as mareas máis representativas e a dirección de Luís Villares manteñen posturas moi afastadas a falta de cinco meses para as eleccións municipais. E é que Compostela Aberta, Marea Atlántica e Ferrol en Común integraban a lista dos críticos que saíu derrotada nunhas primarias cuxo resultado non recoñecen e que poderían terminar nos xulgados.

Para Noriega, "ninguén entendería" que a situación vivida en Ferrol se producise noutros lugares. "A xente identifica o espazo e ninguén entendería que iso pasase", apostilou tras remarcar que "os dinámicas locais" son "diferentes" ás do espazo galego, polo que cre que a crise de En Marea non pasará factura ás candidaturas municipalistas.

Así, apunta que Compostela Aberta era "consciente" de que "non había nada que gañar e si moito que perder" cando iniciou os movementos para a creación da Mesa da Confluencia, xerme da candidatura 'Entre Todas', integrada por Anova, Podemos, EU e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña.

Deste xeito, tras a vitoria de Villares nunhas primarias que colocaron a En Marea ao bordo da ruptura, Noriega cre que hai "un risco evidente de entrar nunha crise de difícil solución", aínda que subliña que non lle corresponde "avaliar" as posibilidades dunha hipotética escisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

11 Gamela

Correción de Erros: Martiño - Xulio - Jorge Notable en Transparencia (non coma outros que pedían complementos salariais dende o minuto un, e coche oficial...) https://i.gal/gamela03

10 Gamela

Logo de ler tantos comentarios contra Noriega vexo que a xente ten a memoria fráxil (ou interesada) / Martiño foi o primeiro en publicar o seu salario (os dos demáis tivemos que buscalos un ano máis tarde na web do Parlamento!) / Martiño & Xulio & Julio foron as Tres Mareas que dende o primeiro minuto SUBIRON NOTA en Transparencia !!! https://i.gal/gamela03

9 Arrepentido

Naide pudo, nin pode a día de hoxe, explicar o voso papel como alcaldes no conflicto interno de EN MAREA. É dificil tirar pola borda tanto capital polìtico en tan pouco tempo. Porque nas eleccións municipais, quen detenta a alcaldìa pode perdelas, nunca é a oposición quen as gaña. Por eso Noriega e Ferreiro non teñen perdón polìtico. E non poden botar balóns fóra. Nin cargarlle máis responsabilidades a Villares.

8 Fran Correa

A credibilidade é fraxil. Esgótase e víciase cando se fai mal uso dela. E a de Martiño xa rompeu con Paula Quinteiro, a galeguidade evaporouse quentando a Podemos e a Izquierda Unida, e fede polo mal uso do poder local contra Villares. E despois de provocar, de amparar os das navalladas, pide unidade. A dinámica do caradura.

7 abella

Miras polos teus pillabán!