Lourizán despide o ano con uvas reivindicativas

Os veciños de Lourizán participaron este domingo nun fin de ano anticipado na Praza dos Praceres de Pontevedra tomando doce uvas reivindicativas ao son das badaladas que marcaba a igrexa parroquial.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 31/12/2018 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Foi un novo acto simbólico co que a veciñanza quería denunciar a situación da parroquia e do concello polo que cada uva representaba unha das “doce aberracións máis importantes que leva sufrindo desde fai décadas”.

Uvas de godello
Uvas de godello | Fonte: Martín Codax

Cada uva representaba as problemáticas de Ence, Elnosa, a autovía, a EDAR, a depuradora de Ence, a subestación eléctrica da Gandarela, a variante de Marín e Rotonda de Cocheras, o tren pola Praza, os recheos do Porto de Marín, o escaléctrix de Praceres, o novo emisario submarino e a ampliación da EDAR

“A veciñanza confía que o sentido común se impoña e as dúas últimas non se cheguen a materializar. E iso precisamente é o que lle piden ao novo ano”, apunta nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta