A gran homenaxe a Isaac Díaz Pardo no sétimo aniversario da súa morte

Este domingo organizarase unha xornada onde terán lugar música, poemas e ofrendas florais. Participarán persoeiros como Xesús Alonso Montero, Marilar Aleixandre ou Carlos Núñez

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/01/2019 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A asociación 'Academia Real Isaac Díaz Pardo' organizará un acto que terá lugar o vindeiro domingo a partir das 12,30 horas no cemiterio santiagués de Boisaca para homenaxear ao intelectual no sétimo aniversario do seu falecemento.

Isaac Díaz Pardo. EUROPA PRESS - Arquivo
Isaac Díaz Pardo. EUROPA PRESS - Arquivo

O acto, conducido pola escritora Carmen Blanco Ramos, comezará cunha procesión cívica ata a tumba de Díaz Pardo precedida do grupo de gaitas 'Os Catro de Vigo', que interpretarán a 'Marcha  do  Antigo Reino de Galicia'. Ademais, Isabel Fonseca López recitará o poema 'Compañeiros da  miña  xeración  mortos  ou  asasinados' do escritor  Lorenzo Varela.

Posteriormente, o escritor Perfecto Conde, Gregorio Ferreiro  Fente, Manuel Lourenzo e Carlos Núñez recitarán unha serie de discursos en honra ao homenaxeado. Ademais, a compositora e cantante Bea a de Estrela interpretará unha canción.

Na segunda parte da homenaxe, destacados da literatura galega como  Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Sabela Hermida, María Xosé Queizán, Manuel Landeira e Manuel  Ucha, recitarán unha serie de poemas acompañados doutra actuación de Bea a de Estrella.

Posteriormente, Mar Lías  Barrientos e Pablo Pensado Pérez realizarán unha ofrenda floral e de mazás a Isaac Díaz Pardo. Tamén se soltarán pombas e Xesús Alonso Montero dará unhas palabras para clausurar o acto. Escoitaranse tamén varios fragmentos de "os tres himnos de Isaac": o 'Himno  Galego', o 'Himno de Rega' e 'A Internacional'.

Nun comunicado, a asociación mostrou o seu agradecemento aos artistas plásticos  Roi  Cagiao e  Antón Pulido "pola súa desinteresada colaboración" e lembra que os textos lidos na xornada de homenaxe publicaranse de inmediato nun  opúsculo que editará a Asociación Cultural  Irmáns Suárez  Picallo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta