Haruna pasou só 10 meses en Camariñas, pero foron suficientes para aprender perfectamente o español, algo de galego como 'se chove, que chova', tocar a gaita e converterse nunha apaixonada da nosa música tradicional. "Aprendín máis de vinte cancións galegas e agora practico coa miña nai en Xapón", di Haruna, que xa pensa en volver.
  comenta   0
A Avelino Cachafeiro Bugallo, “o gaiteiro der Soutelo”, coñecíno en Vigo en 1969, ano da publicación do seu poemario “Voando coas aas da vida”. Presentaramo Antón Patiño dono da librería Librouro. O primeiro que me chamou a atención foi a súa fasquía física: alto, cuns bigotes brancos moi coidados e a pucha nova. Tal como meu avó. Poderían pasar por seren irmáns.
  comenta   0
O Concello de Ortigueira presentou este sábado o cartel e un pequeno avance da programación do Festival Internacional do Mundo Celta 2025, que se celebrará do 9 ao 13 de xullo nunha edición que estará marcada polo 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira e por actuacións como a de Gwendal ou Milladoiro.
  comenta   0
Sara Coello é profesora deste instrumento galego nunha escola e xa desde os 14 tiña claro que esta sería a súa vocación profesional.
  comenta   0
A Xuntanza Internacional de gaiteiros rende homenaxe á muller gaiteira no Castelo de Monterrei.
  comenta   0
A vila de Verín prepárase para acoller a XVII Feira do Viño, evento que reunirá 19 adegas da Denominación de Orixe Monterrei. Entre as actividades paralelas á mostra, destacan os concertos de Mercedes Peón, Soul Teller ou A Quinkillada.
  comenta   0
Bufóns, pallasos e carros de leprosos animaron as rúas, creando un ambiente festivo e interactivo.
  comenta   0
Conta atrás para a celebración dun dos encontros coa música folk e celta máis senlleiro do Estado e referente a nivel internacional. A edición deste ano, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo, presenta unha chea de propostas para gozar do festival de xeito gratuito.
  comenta   0
Esta fin de semana celebra a súa 6ª edición coa participación máis alta de adegas da súa historia. Un total de 34 adegas darán a coñecer os seus caldos no Paseo do Malecón da capital da Ribeira Sacra os días 5, 6 e 7 de xullo.
  comenta   0
Na conta atrás para o 'Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira', que terá lugar do 11 ao 14 de xullo, a organización dá a coñecer as bandas e agrupacións galegas, nacionais e internacionais que participarán no 'Festival na Rúa' e no 'Desfile das Nacións Celtas'.
  comenta   0
Na resolución recóllese que a ofrenda "adáptase á perfección" á definición que da a Unesco para salvagardala do patrimonio cultural inmaterial.
Nesta edición o cartel foi seleccionado a través dun Concurso de Carteis no que se recibiron 115 propostas chegadas desde todas partes de Galicia.
  comenta   0
No recinto feiral estarán representadas 15 adegas, haberá catas (oficial e popular), e un Túnel do Viño. Paralelamente terán lugar a XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra. O pregón, que será o domingo 10, correrá a cargo da escritora Fina Casalderry.
  comenta   0
Un total de 25 establecementos de hostalaría de Celanova ofrecerán este venres, día 23, o 'Caldo de Gloria', unha receita que Rosalía de Castro describe no poema 'Miña casiña, meu lar', como homenaxe á escritora unha xornada na que se cumpren 187 anos do seu nacemento. Tamén se sumarán locais de Padrón e Ponteceso.
  comenta   0
O gañador levará 2.000 euros e o certame está aberto a xente de todo o mundo. O 26 de febreiro será o derradeiro día para presentar propostas gráficas.
  comenta   0