Decisión necesaria

Adianto electoral. Por fin.

Por X.M. Barreiro | | 03/08/2011

Comparte esta noticia



A delicada situación económica requería, obrigaba máis ben, a tomar esta decisión. As erróneas decisións, a negación da crise primeiro e o seu alcance despois, provocaron incertidume e moita desconfianza. Unha reacción tardía, inaxeitada e insuficiente a tal contexto encadeou unha serie de consecuencias que extremou aínda máis a delicada situación socioeconómica que, a estas alturas, resulta insostible.

A falta de seriedade, rigor e transparencia na xestión da que deron sobradas mostras os socialistas, unida a esa mentira inicial que foron agrandando e trasladando os diferentes escalafóns institucionais e que só agora, tras o relevo político derivado das eleccións de maio, comenza a coñercerse en toda a súa dimensión, levounos a onde estamos. E estamos mal, moi mal.

Neste contexto, non é de extrañar que a reunión do Consello de Política Fiscal e Financieira resultara un rotundo fracaso. O Goberno do Estado foi incapaz de dar unha solución razoable e consensuada a unha situación extrema que el contribuiu activamente a crear.

Desoiu a proposta da maioría das comunidades autónomas de aplazar o pago da débeda das liquidacións negativas correspondentes ós exercicios 2008 e 2009 sen dar solución alternativa. A posibilidade de financiar a través do ICO a metade do pago correspondente a este ano non é máis que un parche, un mal parche ademais porque a situación financieira, sabémolo todos, é a que é.

O goberno do Estado improvisou un remendo para as CCAA pero esqueceuse das demais administracións. Qué pasa coas deputacións e cos concellos que teñen unha situación económica aínda máis compricada? Só na provincia de Lugo as devolucións ás que as entidades locais terán que facer fronte superará folgadamente os 30 millóns de euros, e para elas non hai sequera unha mala cataplasma.

Así que Zapatero e os seus ministros, ademais de non ofrecer solucións e non contar co resto das administracións para arranxar os seus entortos, segue sen recoñecer que este problema é o efecto en cascada provocado pola súa pésima planificación, polos
erros nas súas previsións macroeconómicas e, en definitiva, a lóxica consecuencia da súa negativa a recoñecer a crise en tempo e forma.

E, por riba, como se esto non fora pouco, néganlle a Galicia o pago dos fondos de cooperación que lexítimamente lle corresponden, dificultando así, aínda un pouco máis, o mantemento dos servizos públicos básicos. E iso que Galicia fixo os seus deberes e foi unha das poucas que cumpriu os obxectivos de déficit nos últimos dous anos e a primeira en fixar por lei un teido de gasto.

Un innecesario novo conflicto, en definitiva, que, tamén unha vez máis, terá que dirimir o Tribunal Constitucional.

Zapatero non adianta as eleccións porque crea que estamos no bo camiño. Faino porque a situación económica o obriga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog