Ana Miranda reclama a Pedro Sánchez "cumprir a normativa europea" en seguridade ferroviaria

A eurodeputada tamén instou ao Goberno que cumpra coa Resolución contra o Avance do Neofascismo aprogada o 25 de outubro de 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A eurodiputada do BNG Ana Miranda asegurou que a intervención do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na sesión plenaria da Eurocámara "resultou coxa", dado que "non concretou como vai executar o cumprimento da normativa comunitaria" en distintos temas, como a seguridade ferroviaria ou a loita contra o fascismo.

A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. BNG
A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. BNG

Neste sentido, Miranda pediu a Sánchez que se diferencie de Rajoy" abrindo "unha investigación" en relación ao cumprimento da normativa de seguridade europea no ámbito ferroviario e do accidente do Alvia en Angrois, ocorrido en xullo de 2013.

Ana Miranda indicou que este tren "foi inaugurado sen facer o control integral de riscos que esixe a normativa europea de seguridade ferroviaria" e que a Comisión Europea "está pendente de dar resposta ao recurso presentado contra o Estado pola infracción desta normativa". "Tivo que ser Europa quen dixese que a investigación non foi independente", destacou a eurodiputada galega.

Doutra banda, Miranda instou ao Goberno a cumprir a "Resolución contra o Avance do Neofascismo", aprobada o pasado 25 de outubro, para que execute a "ilegalización da Fundación Franco". "Dado o avance do neofascismo, e en Andalucía temos un exemplo claro, é prioritario cortar de raíz toda condescendencia coas entidades que non respectan os dereitos e incitan ao odio", engadiu Miranda.

Con respecto aos orzamentos xerais do Estado para 2019, a eurodiputada do BNG denunciou a "falta de investimento para Galicia", que se rebaixa a "límites insospeitados". "é evidente que se nota a ausencia do BNG á hora de conseguir investimentos para Galicia", destacou Miranda, que insta o Executivo a "corrixir" esta situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta