O presidente da Deputación da Coruña esixe a Naturgy un plan para compensar o peche de Meirama

González Formoso avisa que o peche da central térmica suporá unha siba no prezo da electricidade e avisa das graves consencuencias da deslocalización.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/01/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, esixiu a Naturgy "compromiso con Galicia" e "responsabilidade social" cos traballadores da central de Meirama ---tras o anuncio de peche--, así como con Cerceda "e co territorio que durante décadas acolleu unha das principais centrais de produción de enerxía eléctrica de Galicia".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso

Nun comunicado, Formoso demanda á empresa "que poña encima da mesa un plan alternativo realista e consistente que sexa validado polo Estado, a Xunta e o concello". "Un plan que compense o impacto socioeconómico e laboral que terá a perda da central para o municipio", sinala Formoso. Ademais, advirte de que "o peche da central vai supor unha nova subida no prezo da electricidade" e insiste en "as graves consecuencias" que xera "a deslocalización".

CRITICAS DO PP AO ALCALDE

Mentres, o candidato do PP á Alcaldía de Cerceda, Francisco Santos, denunciou o "pasotismo" que, ao seu xuízo, mostrou o alcalde, José García Liñares, tras confirmarse o peche da planta de Meirama. En concreto, nun comunicado, Santos cualifica de "incomprensible" a "resignación" mostrada polo rexedor de Cerceda tras o anuncio do peche.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta