Galicia quere destacar no ámbito dos drons

A Xunta valorou a aposta de Boeing pola nosa comunidade no eido dos vehículos aéreos non tripulados. Preténdese "impulsar a participación da industria galega" neste subsector tecnolóxico e "atraer grandes actores da seguridade aérea".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valorou a participación de Boeing no polo aeroespacial da comunidade e trasladou á empresa a disposición da Xunta a estudar novos proxectos conxuntos. Referiuse ao desexo de impulsar e expandir o sector tecnolóxico galego neste sentido 

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha reunión con Boeing. XUNTA
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha reunión con Boeing. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así llo trasladou o titular de Industria nunha reunión mantida co director xeral de Boeing, José Enrique Román, así como co responsable de Estratexia e Desenvolvemento da entidade, Eduardo Carrillo.

Nun comunicado, o departamento autonómico destacou que Boeing "se suma á aposta de Galicia no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados liderando un dos dez contratos da fase de solucións das Civil Uvas Initiative (CUI)", cuxo obxectivo é "dar resposta ás demandas reais das administracións e mellorar os servizos públicos que se ofrecen aos cidadáns con solucións innovadoras baseadas no uso de drons".

Segundo informou o departamento de Conde, desenvolverase tecnoloxía para "un dos retos máis ambiciosos", como é a "convivencia" no espazo aéreo de vehículos tripulados e non tripulados. Ademais, tamén se pretende "impulsar a participación da industria galega neste segmento tecnolóxico e atraer a Galicia grandes actores da seguridade aérea".

A Consellería de Economía, Emprego e Industria detallou que "aos 6,05 millóns de euros de adxudicación, hai que engadir os case 4 que Boeing porá dos seus propios recursos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta