Detido en Marín por agredir á muller e tratar de secuestrar ao seu bebé de 19 meses

A Policía abortou o secuestro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 23:11

Comparte esta noticia

Un home de 33 anos foi arrestado a tarde deste luns tras agredir a unha muller e tratar de secuestrar á súa filla, unha nena de 19 meses, na localidade de Marín (Pontevedra), segundo informaron a Europa Press fontes policiais.

Un carriño de bebé. Europa Press - Arquivo
Un carriño de bebé. Europa Press - Arquivo

Os feitos ocorreron sobre as sete da tarde nunha vivenda da citada localidade cando o home agrediu á súa parella sentimental e tratou de levar pola forza ao bebé.

A muller, que presentaba un golpe no ollo, tivo que ser trasladada a un ambulatorio próximo para ser atendida. Tras a denuncia dos feitos, axentes de Policía Nacional lograron localizar ao home e recuperar ao bebé, que se atopa en perfecto estado.

O detido foi trasladado ata a Comisaría de Policía Nacional en Marín, onde prestou declaración. Tamén acudiu a dependencias policiais a muller agredida para prestar testemuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta