A cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra di que conseguiu o traballo en Imesapi "entregando o currículo"

Está implicada nun suposto enchufe na concesionaria municipal de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/01/2019 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A testemuña V.F.B., cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que declarou este mércores no xuízo polo seu suposto enchufe na concesionaria municipal de Vigo Imesapi, asegurou ante o tribunal que conseguiu ese traballo "entregando o currículo" na propia empresa.

Carmela Silva.
Carmela Silva.

Nunha declaración accidentada, na que foi reconvenida varias veces polo presidente do tribunal polas súas continuas evasivas e por dicir reiteradamente que non se acordaba ou non tiña "nin idea" do que lle preguntaban, V.F.B. acabou admitindo que traballou facendo enquisas no Concello vigués.

Esta testemuña, que estaba citada para este martes e non se presentou, compareceu finalmente este mércores, despois de que o xuíz ordenase á Policía a súa localización e condución aos xulgados. De feito, V.F.B. chegou acompañada por un familiar e entrou na sala de vistas escoltada por dous axentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta