A eurodeputada Lídia Senra denuncia a contaminación de augas na Limia ante o Comisario Europeo de Agricultura

Segundo Senra, a solución que se está dando é acaparar máis terras para convertelas en depósitos de xuros para empeorar máis a contaminación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A eurodiputada Lídia Senra denunciou este xoves, durante unha sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, a "contaminación provocada pola produción industrial" do modelo Coren na comarca da Limia. A súa intervención tivo lugar durante o punto da axenda de traballo reservado para establecer un intercambio de puntos de vista co Comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan.

Lidia Senra
Lidia Senra

Os deputados debateron cuestións relacionadas coa denominada 'nova arquitectura verde' e as propostas lexislativas para a PAC despois do 2020. "é fundamental abordar o modelo de produción, abordar a regulación da produción, abordar mercados e abordar os prezos", insistiu Senra, que criticou a "continua política de parches da UE".

"Agora, incluso en Galicia, temos unha forte crise pola contaminación do cebo industrial. Na comarca da Limia a auga está fortemente contaminada e a solución que se está dando é acaparar terra para convertela en depósitos de máis xurros que están a empeorar aínda máis a contaminación da auga", dixo Lídia Senra.

Por iso, Senra pediu á Comisión e ao Parlamento que vaian "ao fondo" e "repensen o tipo de desenvolvemento rural que está a ter a UE", para "realizar todas as modificacións precisas ata conseguir un modelo que garanta que todas as persoas que se dediquen á actividade agraria ou gandeira poidan vivir do seu traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta