Banco de España sanciona a Abanca con 3 millóns pola información precontractual de hipotecas

A infracción grave cometeuse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de setembro de 2016.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/01/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O consello de goberno do Banco de España acordou impor a Abanca Corporación Bancaria unha sanción de 3 millóns de euros pola comisión dunha infracción grave relacionada con información precontractual proporcionada ao cliente sobre os gastos e custos das operacións de préstamos hipotecarios.

Abanca. ABANCA - Arquivo
Abanca. ABANCA - Arquivo

Segundo informou o supervisor, o importe da multa resulta de aplicar a redución do 40% contemplada no artigo 85 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Abanca incumpriu a normativa relacionada coa información precontractual proporcionada ao cliente sobre os gastos e custos das operacións de préstamos hipotecarios e coa inclusión de tales gastos e custos no cálculo da Taxa Anal Equivalente (TAE).

A infracción grave cometeuse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de setembro de 2016. Esta sanción é firme na vía administrativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta