Por Galicia Confidencial | | 02/09/2011 | Actualizada ás 09:47
Tras menos de dous meses do peche da sala a CNT alerta dun conflito laboral coa empresa, xestionada por integrantes do grupo de teatro Chévere.
"Tres traballadores, un deles afiliado a este sindicato, demandaron á empresa que lles adebeda o finiquito, as vacacións e as diferencias salariais co convenio colectivo" alerta o sindicato. Os asalariados argumentan que despois de traballar facendo horas de mais, sen vacacións e con continuos incumplimentos do convenio colectivo, esta é a guinda que Xesús Ron e compañía lles tiñan preparada aos seus asalariados.
"Este grupo, que se destaca polas suas obras de teatro transgresoras e comprometidas, e que tanto deu de falar a conta do acoso de Conde Roa, négase agora a sentarse a negociar cos seus traballadores as cantidades adebedadas", conclúe a central.
Polo de agora a Sala Nasa non deu a coñecer a súa versión dos feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.