Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/01/2019 | Actualizada ás 19:30
Cespa, a empresa concesionaria do servizo de residuos e limpeza viaria na Coruña, pediu desculpas á cidadanía pola acumulación de lixo nos colectores debido aos problemas rexistrados nos vehículos que realizan este servizo, á vez que anunciou medidas de reforzo.
A empresa informa que mantivo unha reunión co Concello da Coruña "para analizar a situación e buscar unha solución", encontro ao que seguiu outro cos representantes dos traballadores.
Tamén indica que acordou reforzar o servizo de reparación mecánica "para que a situación volva á normalidade e todos os camións estean dispoñibles".
Respecto diso, explica que "o reforzo do servizo de reparación mecánica se estenderá tamén ás noites, co obxectivo de arranxar calquera tipo de contratempo que puidesen ter os camións".
Ademais de insistir en que o Concello e Cespa "están a traballar para solucionar canto antes o acontecido", a empresa pide desculpas á cidadanía polo sucedido. Tamén confía en que a situación nas rúas "volva á normalidade nas próximas horas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.