Curtas na rede para ensinar galego aos máis cativos

Tres vídeos de OQO editora para a Xunta no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/09/2011 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Os sete cabritos, A porta que trota e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos de curtas de animación infantil que xa están dispoñibles na rede. Estes contos audiovisuais, dirixidos a entreter e a favorecer a aprendizaxe en galego dos máis pequenos, están accesibles a través do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que vén de poñelos a disposición da cidadanía xunto con cadansúa proposta didáctica para "traballar, na aula ou en familia, a competencia lingüística dos nenos e nenas". 

O Goberno explica que as propostas didácticas que acompañan os audiovisuais foron elaboradas como material de apoio aos docentes por profesionais con ampla e recoñecida traxectoria na educación infantil. Nelas, desenvólvese o currículo desta etapa educativa co obxectivo fundamental de favorecer a competencia en comunicación lingüística do alumnado.

Con este fin, os nenos e nenas, ademais de veren a proxección e escoitaren un modelo de fala de calidade na narración, poden expresarse, manifestar preferencias e sentimentos, dialogar cos compañeiros, narrar etc.

Distribución do material nos centros de ensino

Os materiais, editados pola secretaría xeral en DVD e desenvolvidos por OQO editora. A Xunta di que foron enviados recentemente aos centros de ensino de Galicia que imparten educación infantil e ás aulas hospitalarias da comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 CranioF

Pois moi ben, a normalizar polas boas, e non ao estilo sarxento.

1 Kakatúa

Cranio, deixa de amolar, xa se sabe que es un bífido e un retrógrado centralista.