O BNG acusa de hipócrita ao Goberno central polo bloqueo dos barcos de axuda humanitaria

A eurodeputada Ana Miranda denuncia o cambio en políticas migratorias e o "avance da criminalizaicón que viven as entidades que fan tarefas de salvamento marítimo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Miranda, denunciou a "hipocrisía" do Goberno central ao que acusou de "cambiar a política migratoria coa "retención" dos barcos Aita Mari en Bilbao e Open Arms en Barcelona. Miranda visitou no País Vasco o Aita Mari e a súa tripulación. Segundo explicou o Bloque nun comunicado, "é un pesqueiro modificado para poder levar a cabo acciones humanitarias".

A nacionalista afirmou que se trata dunha "terrible hipocrisía do Goberno central, que hai medio ano buscou quedar ben diante da comunidade internacional --en referencia á apertura de portas ao Aquarius--, pero que agora non ten reparo en causar ducias de mortos no Mediterráneo froito do seu bloqueo".

Así, sinalou que o "pano de fondo" radica en "o cambio da política migratoria" e en "o avance da criminalización que están a vivir as entidades que realizan tarefas de salvamento marítimo".
Miranda remarcou que "o traballo que realizan é indispensable mentres que non acaben os conflitos nos países de orixe". "Salvar vidas e rescatar persoas que foxen da guerra e a miseria non pode ser delito", engadiu.

APROBACIÓN DO VISADO HUMANITARIO

A eurodeputada afirmou que "é curioso que mentres que no Parlamento Europeo se aproba a tramitación do visado humanitario, o Goberno español sitúese na mesma liña que Italia ou que Malta". Este visado, segundo detallou o BNG, "permitirá ás persoas solicitantes de asilo iniciar os trámites para obter os visados en embaixadas e consulados fóra da Unión Europea, a través dos que poderán viaxar legalmente a un país comunitario e, xa nel, solicitar un asilo".

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, con membros da tripulación do Aita Ma. BNG
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, con membros da tripulación do Aita Ma. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ana Miranda debera ofertar que Galicia está disposta a acoller un millón de migrantes... ! E deixar de regalar os votos dos galegos aos que cotizan na Banca Privada de Andorra! https://i.gal/gamela13