Temas: NEVE MANZANEDA

Arrinca a tempada de esquí en Manzaneda este domingo con sete pistas abertas

A estación de esquí abre cinco quilómetros de pistas aínda que mantén outras pechadas por seguridade debido ao espesor mínimo da neve.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2019 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A estación de esquí e montaña turístico-deportiva de Cabeza de Manzaneda (Ourense) iniciou este domingo a tempada de esquí cuberta de neve e con sete pistas abertas cun total de 5,1 quilómetros.

O director xeral da estación, Gustavo Sanmartín, confirmou  a apertura da estación "nun día estupendo de sol" no que durante a mañá xa recibiron "unha gran afluencia de visitantes". "Somos conscientes de que abrimos un domingo, pero o día está despexado e a xente anímase a gozar do día na estación", explicou.

As sete pistas abertas de 5,1 quilómetros en total expuxéronse en "condicións de seguridade", xa que "se traballou moito a neve". Nalgunhas zonas hai "espesores bastante xustos", pero por iso abriron as sete pistas "que conforman o trazado principal da estación, xa que se pode baixar na súa totalidade". Con todo, "hai moitas pistas que debido aos espesores mínimos, fan que as consideremos pechadas aínda que estean en condicións", relatou. En canto ás novidades, entre outras, o director xerente resaltou as melloras no sistema de equipamento e na seguridade das condicións das pistas.

Estación de Manzaneda
Estación de Manzaneda | Fonte: Wikipedia

Temas: NEVE MANZANEDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta