Rouban nunha escola de Coirós e os ladróns comen as galletas dos alumnos

O alcalde da localidade, Francisco Quintela, pide colaboración cidadá para identificalos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/02/2019 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Uns descoñecidos levaron este fin de semana un computador portátil da escola de educación infantil do Fontelo, en Coirós (A Coruña), segundo informa o Consistorio.

Escola de educación infantil do Fontelo, en Coirós (A Coruña).
Escola de educación infantil do Fontelo, en Coirós (A Coruña).

Ademais do equipo informático, os autores revolveron todo a interior da aula, deixando o material educativo esparexido polo chan. Dáse a circunstancia de que o computador contén no seu disco duro a programación educativa, e fotos dos alumnos, de entre 3 e 6 anos de idade.

Os descoñecidos, que poderían acceder ao interior do colexio a través dunha xanela, coméronse tamén as galletas que teñen á súa disposición os nenos.

O alcalde da localidade, Francisco Quintela, pediu a colaboración cidadá para axudar a esclarecer o ocorrido e tamén solicitou aos responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado que "redobren a súa presenza" no municipio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta