Boa acollida en Compostela da Escola de Ensino Galego “Semente”

As dúas xornadas de portas abertas da pasada fin de semana serviron para que moitos pais e nais se interesaran polo proxecto.

Por Antón Fernández | Compostela | 20/09/2011 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Grandes espazos, moita luminosidade, ningunha barreira arquitectónica e un espectacular terreo na parte de atrás é o sinal de identidade do local que acollerá a Escola de Ensino Galego “Semente”, a primeira escola monolingüe en galego que empezará a funcionar este mesmo ano. Todo está preparado para que no mes de novembro comezen as aulas e xa houbo cativos que quixeron “probar” como será o lugar onde pasarán boa parte da xornada diaria. Unhas prefiren os instrumentos musicais, outros visitar a horta ou coñecer os primeiros recunchos da escola.  Coa mesma curiosidade algunhas nais e pais preguntaron ao equipo promotor en que consiste este novo equipamento de Compostela.

None

“O nome é un recoñecemento das escolas que as Irmandades da Fala e do proxecto que levaron a cabo na Coruña a principios do século XX”, informou Marcos Lopes membro da Gentalha do Pichel, “pensamos que era necesaria unha escola que orbite arredor da Galiza e ademais en galego. Fixemos un estudo de mercado e tivemos a sorte de que aparecera este local con máis de cen metros de aulas e outro tanto de horta.”

Pedagoxía

Os promotores da idea teñen claro que non é só unha escola monolingüe en galego. É algo máis. “Un proxecto comunitario que nace dunha necesidade social que non queda coberta polos servizos públicos”, apunta Marta Santos unha das nais que participa, ademáis, na comisión promotora.  “Eu queria unha escola alternativa, diferente ao que atopamos na sociedade actual. Quería unha escola laica, que tivera moi presente o tema dos valores sociais, que traballase coa educación de verdade, en contacto coa natureza...”, engade. O certo é que a pedagoxía que empregarán ten algo de adiantado e pouco común no noso país pero que xa funciona noutras partes. “Hai exemplos en Catalunya coas escolas Rosa Sensat e buscaremos o noso propio modelo collendo o mellor de metodoloxías pedagóxicas como as de Montessory ou Decroly”, asegura Marta que, ademais, traballa no ensino infantil.

Polo de agora teñen cinco alumnos polo retraso en comezar o curso pero pensan chegar aos dez que se plantexan como mínimo. “Haberá unha mestra por cada dez alumnos, deste xeito a aprendizaxe personalizada estará garantida”, asegura Marcos. Precisamente os coñecementos que adquiran nesta escola tamén serán algo diferentes aos doutras. “Empregaremos a pedagoxia critica, facer persoas con capacidade critica e de análise do seu entorno”, comenta Marcos. De feito a idea é que o proxecto educativo se faga ao longo do curso. O curriculo infantil non estará elaborado a priori senón a través de proxectos. Por exemplo o proxecto do Apalpador. Como precisa Marcos Lopes “chega o Nadal e traballaremos as cores, a música, etc. Empregamos recantos onde se estuda  matemáticas, música,...”

Aínda que o idioma da Escola será o galego tamén contarán con material noutras idiomas. “Os cativos terán oportunidade de coñecer outras linguas porque teremos libros en catalán ou éuscaro, non pechamos as portas a visión internacional da lingua”, sinala Marcos Lopes.

Prezos

Os promotores desta iniciativa non deron a coñecer aínda os prezos e insisten en que antes se visite a Escola. Contan con todos os permisos e cunha mestra con titulación infantil que, ademais, está concienciada co proxecto. Pensan abrir polas tardes como ludoteca e prometen un ensino de calidade e participativo.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

11 Marivi

Adiante! xa vai sendo hora de que os cidadáns tomen iniciativas e se ilusionen contra a mediocridade e a falta de alternativas que o Estado nos vai deixando. Moito ánimo para os bos e xenerosos

10 CranioF

Penso que se queren de verdade ter algo de éxito, era mellor dar tamén uns principios de castelán e sobre todo inglés. Que os nenos ollen libros en catalán ou euskera non é malo (de feito, debería facerse en toda España, para formar cidadáns respetuosos e comprometidos co país tal como éste é), pero por necesidade é moito máis importante iniciarlles nestes dous grandes idiomas. Independentemente de que a língua vehicular sexa o galego. Así atraerían a algunhas familias máis, digo eu.

1 Lucense

1. Em toda a Espanha monolingüe deveria ser obrigatório o estudo de uma dessas "otras lenguas españolas" das quais fala a sua constituiçom. 2. O conhecimento do castelhano estaria mais que garantido com as correspondentes matérias de língua e literatura nos ensinos obrigatório e, no seu caso, post-obrigatório. Se isto fosse uma carreira de 10.000 metros, o castelhano já tomou a saída hai muito tempo e leva uma vantagem considerável, mais ainda dada a sua absoluta preponderância nos meios de comunicaçom, cinema, etc.

2 Lucense

3. Evidentemente a nossa Língua também é um "grande idioma" se o dis desde uma perspectiva quantitativa, que nom deve ser obviamente a mais importante para valorar uma língua. Neste e noutros temas hai que sermos "ecologistas" e defender a existência de todas as línguas e culturas, com independência do seu número de falantes. Em todo caso, a aprendizagem da língua de Galiza nom se poderia nem deveria fazer sem ter como referente essa dimensom internacional que possui e que permite aceder e comunicar-se com outros países e as suas respectivas culturas: Portugal, Brasil, Angola, Moçambique, Cabo Verde, São Tomé, Guiné-Bissau e Timor Leste. Abre muitas janelas e horizontes, nom si?

3 Lucense

4. Quanto ao aprendizado de línguas estrangeiras, seria interessante recuperar o Latim como ferramenta que daria as bases para um acesso mais fácil às outras línguas românicas. O conhecimento do inglês aproveitando que quando somos crianças temos mais facilidade para aprender idiomas também deveria ser incentivado. Hai âmbitos, como este, nos quais a escola receberia uma grande ajuda se desde fora dela se afigesse ao persoal desde pequenos a estar em contacto com as línguas, eliminando a deplorável prática da dobragem em filmes e mesmo em desenhos animados dirigidos a crianças de x anos em adiante. Isso afaria os crios a terem que ler desde pequenos (legendas) e a escuitarem essas línguas que, quando as queremos estudar de adultos, tantíssimos problemas nos dam com a pronúncia ou a escuita.

4 CranioF

Bastante de acordo, pero algunhas precisións: estudar outra das línguas españolas é desgraciadamente imposible por varias razóns, a principal a sobrecarga do currículum. Pero na asignatura de Língua Castelá podería, e debería, facerse unha pequena introducción cando menos ao galego e o catalán, animando aos alumnos a tratar de traducir pequenos textos, por exemplo, para perderen o medo, o noxo, os prexuízos, e comprobaren que "non morden". Nunhas poucas clases. Respecto ao aprendizaxe do galego, sigo pensando que é mellor na norma RAG, outramente córrese o perigo do rexeitamento por parte dos alumnos, e xa vemos que non son momentos para fomentalo aínda máis. O que teñen que deixar claro os mestres é a vinculación co portugués, e adicar algunhas clases tamén a analizar as diferenzas máis salentables entre os dous, e suliñar as similaridades. Moi útil.

5 CranioF

No caso do latín, eu recurro moito a él para explicar a outras persoas as similaridades das línguas latinas, e de ónde veñen as súas características e vocabulario distintos do noso. Pero volto ao problema da sobrecarga curricular e a necesidade de reforzar o inglés, como para meter latín tamén. Por se non fora pouco as distintas línguas a aprender, xúntanse todos os coñecementos do medio, as (por desgracia) imprescindibles matemáticas, ben difíciles para a maioría. E algo de Xeografía e Historia hai que dar, senón quedaremos como eses norteamericanos que non coñecen nin o seu país. Engádelle Relixión ou Ética (pra mín un erro, debería ser cousa da Igrexa ou as outras comunidades relixiosas), e a zapateriana "Educación non-se-sabe-pra-qué". Toma do frasco...

6 Lucense

O do inglês: imagina quantas horas de aulas dá uma pessoa hoje desde primária até o final da Secundária pos-obrigatória e olha os resultados. Dado isto, pensa o que já ocorre noutros países (por experiência alheia penso em Noruega, Holanda e Finlândia; por própria em Bélgica) onde desde nenos a gente está afeita a escuitar o inglês porque nom hai dobragem dos filmes. Pensa quantas horas se podiam poupar ou empregar melhor para esta matéria se esta prática desaparecesse. Mas, ao revés, a dobragem é o modelo escolhido polo autoanemismo hispanodependente para emitir cinema.

7 Lucense

Religiom fora das aulas (hoje até em 2º de Bach. se dá, antigo COU, decidido e mantido por governos progres quer em Madrid, quer em Santiago); Ética: para isso existe a transversalidade, podem-se aproveitar outras matérias para introduzi-la e desde uma perspectiva nom antropocêntrica, muito mais ampla e enriquecedora que a actual matéria, que certamente é algo que se deveria melhorar bastante.

8 Lucense

Sobre a normativa, recolho umas palavras tuas tiradas de outro tema: "animando aos alumnos a tratar de traducir pequenos textos, por exemplo, para perderen o medo, o noxo, os prexuízos, e comprobaren que "non morden". Os critérios de rejeitamento ou nom nom som muito pedagógicos, daquela talvez nom se deveria dar matemáticas, ou física. E o ensino e a educaçom implicam luitar contra preconceitos, nojos e mentiras incutidas na mente através dos séculos, entre elas esse mal dissimulado racismo contra todo o que leve a etiqueta de "português". Também é óbvio, ainda que a muitos isto nom lhes entra na cabeça, que falariamos de uma norma galega, nom de uma norma portuguesa ("teito" e nom "tecto" ou "têto"; "eu figem" nom "eu fiz"; "repolo" e nom "repolho"; distinguir entre "terreno" e "terreio" e nom sistematicamente "terreno", e um longo etcétera)

9 El PPresidente

La religión se mantendrá y seguirá siendo impartida por nuestros sacerdotes. La austeridad tiene un límite.

10 Lucense

(continuaçom do 9): " y habrá que enseñar la recta doctrina del origen del hombre, tal y como nos han recomendado repetidas veces nuestros amigos del Tea Party; es inconcebible que se pueda enseñar que prohombres ( y promujeres) como Don Manuel, como la Cospeideira, como la Espe o yo mismo podamos tener a los monos como nuestros más remotos ancestros. Nosotros descendemos de los dioses que un día habitaron la tierra y no se hable más"

11 Lucense

" y en las clases hay que estimular a los jóvenes para que consagren su vida a dios, estimulando el sacerdocio o la vida conventual según el género. Se dará prioridad a estudiar la vida de los grandes ejemplos religiosos recientes como Wojtyla, Ratzinger y la Madre teresa. La Banca Vaticana será puesta como modelo de gestión económica. Naturalmente todo ello en la más perfectísima de las lenguas, la castellana, la única capaz de transmitir toda esa riqueza de sentimientos, emociones y entrega a dios"

9 VIGUÊS

Esse Knowledge tense q levar a outras (de momento) cidades da Galiza, não pode ficar simplesmente como uma magnífica inicativa duma elite compostelá. GENEROSIDADE POR FAVOR!!!!!!!!!!!!!!!! EM VIGO ESTAMOS ESPERANDO X VOS, VINDE X A REVOLTA.

8 Muros

Penso igual que o restoe como ja comentei a promotores dela penso apoiala no que boamente poida.Animo irmaos/irmas mais umha e multitude destes projetos coperativos nom so na Corunha senom em toda a Galiza Urbana e Periurbana;imajinade em multitude de Bairros da Nosa naçom em Santiago,A Corunha,POnferrada,Vigo e mil sitios maissss!!!!!!!!!

7 Lucense

Excelente iniciativa a meio de tantos anos de cainismo estéril. Parabéns.