Boa acollida en Compostela da Escola de Ensino Galego “Semente”

As dúas xornadas de portas abertas da pasada fin de semana serviron para que moitos pais e nais se interesaran polo proxecto.

Por Antón Fernández | Compostela | 20/09/2011 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Grandes espazos, moita luminosidade, ningunha barreira arquitectónica e un espectacular terreo na parte de atrás é o sinal de identidade do local que acollerá a Escola de Ensino Galego “Semente”, a primeira escola monolingüe en galego que empezará a funcionar este mesmo ano. Todo está preparado para que no mes de novembro comezen as aulas e xa houbo cativos que quixeron “probar” como será o lugar onde pasarán boa parte da xornada diaria. Unhas prefiren os instrumentos musicais, outros visitar a horta ou coñecer os primeiros recunchos da escola.  Coa mesma curiosidade algunhas nais e pais preguntaron ao equipo promotor en que consiste este novo equipamento de Compostela.

None

“O nome é un recoñecemento das escolas que as Irmandades da Fala e do proxecto que levaron a cabo na Coruña a principios do século XX”, informou Marcos Lopes membro da Gentalha do Pichel, “pensamos que era necesaria unha escola que orbite arredor da Galiza e ademais en galego. Fixemos un estudo de mercado e tivemos a sorte de que aparecera este local con máis de cen metros de aulas e outro tanto de horta.”

Pedagoxía

Os promotores da idea teñen claro que non é só unha escola monolingüe en galego. É algo máis. “Un proxecto comunitario que nace dunha necesidade social que non queda coberta polos servizos públicos”, apunta Marta Santos unha das nais que participa, ademáis, na comisión promotora.  “Eu queria unha escola alternativa, diferente ao que atopamos na sociedade actual. Quería unha escola laica, que tivera moi presente o tema dos valores sociais, que traballase coa educación de verdade, en contacto coa natureza...”, engade. O certo é que a pedagoxía que empregarán ten algo de adiantado e pouco común no noso país pero que xa funciona noutras partes. “Hai exemplos en Catalunya coas escolas Rosa Sensat e buscaremos o noso propio modelo collendo o mellor de metodoloxías pedagóxicas como as de Montessory ou Decroly”, asegura Marta que, ademais, traballa no ensino infantil.

Polo de agora teñen cinco alumnos polo retraso en comezar o curso pero pensan chegar aos dez que se plantexan como mínimo. “Haberá unha mestra por cada dez alumnos, deste xeito a aprendizaxe personalizada estará garantida”, asegura Marcos. Precisamente os coñecementos que adquiran nesta escola tamén serán algo diferentes aos doutras. “Empregaremos a pedagoxia critica, facer persoas con capacidade critica e de análise do seu entorno”, comenta Marcos. De feito a idea é que o proxecto educativo se faga ao longo do curso. O curriculo infantil non estará elaborado a priori senón a través de proxectos. Por exemplo o proxecto do Apalpador. Como precisa Marcos Lopes “chega o Nadal e traballaremos as cores, a música, etc. Empregamos recantos onde se estuda  matemáticas, música,...”

Aínda que o idioma da Escola será o galego tamén contarán con material noutras idiomas. “Os cativos terán oportunidade de coñecer outras linguas porque teremos libros en catalán ou éuscaro, non pechamos as portas a visión internacional da lingua”, sinala Marcos Lopes.

Prezos

Os promotores desta iniciativa non deron a coñecer aínda os prezos e insisten en que antes se visite a Escola. Contan con todos os permisos e cunha mestra con titulación infantil que, ademais, está concienciada co proxecto. Pensan abrir polas tardes como ludoteca e prometen un ensino de calidade e participativo.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

6 Galego

Muitos parabéns aos promotores, mais umha grande iniciativa pola sua parte.

5 Andamolho

Parabéns e muito animo con este projecto sem duvida muito necessario nesta terra neste tempo.

4 observador

Para cando unha escola "Semente" na Coruña?.

1 Bruno V

Facede convocatoria pública e animádevos a pola em marcha. É fundamental atopar um loca ageitado, a partir de aí...trabalho e animo.

2 VIGUÊS

Esse Knowledge tense q levar a outras (de momento) cidades da Galiza, não pode ficar simplesmente como uma magnífica inicativa duma elite compostelá. GENEROSIDADE POR FAVOR!!!!!!!!!!!!!!!! EM VIGO ESTAMOS ESPERANDO X VOS, VINDE X A REVOLTA.

3 Español

Hay espacio para todos los modelos educativos avanzados en un mundo plural y libre...Os apoyo de todo corazón...

1 Bruno V

grazas

2 Muros

Penso o mesmo que Bruno V irmao.Obrigado como galego e ao igual que tu coma homem livre que sonha cum mundo melhor para TOD@S....

2 Bruno V

O espaço está francamente bem, eu mesmo visitei varias escolas em Compostela e penso que claramente está entre as melhores (se nom a melhor). Por outra banda deve ficar claro que se vai seguir o curriculum oficial de infantil, é polo tanto umha escola normal, que asegura aos seus alun@s o passo a primaria de geito nom traumático, ainda que bem é certo que se empregara umha pedagogia innovadora no nosso país ainda que contrastada noutros lugares. Sinceramente é magoa que o ensino público nom ofereça isto, aulas em galego, e que se tenha que recurrir a estas iniciativas para garantir o elementar. Insisto em dar os parabéns pola iniciativa e muito animo co trabalho que há por diante. TEMOS FUTURO!