A candidata do PP na Coruña tamén anima a manifestarse contra Cataluña e Sánchez

Por E.P. | A CORUÑA | 08/02/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A presidenta do PP local da Coruña e candidata á Alcaldía nesta cidade, Beatriz Mato, animou aos coruñeses a mobilizarse ese domingo contra o "despropósito" do 'relator", a figura proposta polo Goberno para abordar o problema de Cataluña.

A preguntas dos xornalistas, ratificou que tanto ela como a portavoz municipal do PP, Rosa Gallego, --coa que compareceu nunha rolda de prensa sobre os orzamentos municipais-- non acudirán á protesta de Madrid, pero si estarán na que o PP convocou na Coruña, ante a praza de María Pita, ás 12,00 horas.

Mato cualificou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de "irresponsable" pola súa actitude en relación a Cataluña. "É capaz de vender a España por manterse nunha cadeira de brazos", recriminoulle.

Ademais, dixo que o fai "sen ningún escrúpulo". Na mesma liña, considerou que o posicionamento do Goberno é "o suficientemente grave" como para chamar á mobilización.

Beatriz Mato
Beatriz Mato

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta