Comparar e decidir

Hai actitudes e discursos que resultan sorprendentes por non dicir inconcebibles. Ó escoitalos, comprendo que haxa moitas persoas que non teñan moi boa imaxe dos políticos e cuestionen incluso a nosa labor. Hai cousas que son difíciles de dixerir. Nin buscándolle unha contextualización a medida é posible facelo. Hai que recoñecelo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 28/09/2011

Comparte esta noticia

Pese a todos os pesares, como xa defendín en moitas ocasións dende esta fiestra de opinión, hai formas diferentes de entender e de actuar en política e, por conseguinte, hai marxe para a esperanza.

Explícome. Agora o discurso dos socialistas é, a grandes rasgos, o seguinte: a crise económica en España era pouco menos que inevitable como demostra o feito de que prácticamente todos os países desenvolvimos están tocados por ela. Todos eramos coñecedores dos efectos devastadores que ía provocar e o Goberno do Estado adoptou dende o primeiro momento medidas encamiñandas a paliar os seus efectos e a asegurar o mantemento do estado de benestar. E o Partido Popular, na vez de facer causa común, adicouse a dar unha mensaxe catastrofista da situación.

E este é o discurso dos socialistas? Pero non foron eles os que detectaron (e recoñeceron) a crise dous anos máis tarde que o resto, os que falaban dos brotes verdes? Non son eles os que se adicaron a dicir hoxe unha cousa e mañá (e incluso antes) a contraria; a poñer parches sobre parches que, dadas as circunstancias, demostrado queda que non evitaron que nos atopemos levitando no precipicio?

Pobre argumentación é esta que prentente acusar dos males propios, desa herdanza envenenada, ós que dende o primeiro intre dixeron a verdade e alertaron das consecuencias. E digo máis, o que avisa non é traidor, é avisador.

O Partido Popular entón (e o resto das forzas políticas), segundo a peculiar visión dos socialistas, tería que sumarse á mentira é dicir que todo ía estupendamente e ata aplaudir os despilfarros ós que se entregaba o Goberno central cando a situación xa requería establecer políticas de contención no gasto?

Porque crise mudial, si; pero tamén diferente comportamento das economías nacionais e dos gobernos e con resultados, evidentemente, moi distintos. O estado de benestar non se sostén con mentiras nin con promesas de imposible cumplimento. É imprescindible asegurar unha boa xestión que permita dispoñer dos fondos suficientes para poder facelo. Fóra de aí, todo é demagoxia e gañas de terxiversar, unha vez máis, a realidade.

Con este panorama, agora resulta que os socialistas din que cando vaiamos a votar o 20-N debemos pensar nas persoas que lideran as diferentes opcións políticas e ter moi presente os valores e principios que representan. Efectivamente, neste punto estou totalmente de acordo. É tempo de valorar a traxectoria dos discursos de uns e outros, do feito e o desfeito por uns e outros, comparar e, a partir de aí, decidir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog