Realizan pintadas xenófobas e racistas nun local propiedade do portavoz de C's en Ortigueira

É un uruguaio que rexentaba unha pizzaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 09:38

Comparte esta noticia

O exterior dun local de hostalaría de Ortigueira (A Coruña) que rexenta Javier Otero, portavoz de Ciudadanas neste municipio, apareceu este martes día 12 con varias pintadas de tipo xenófobas e racista na zona da súa fachada.

Este veciño de Ortigueira leva máis de dúas décadas asentado neste municipio, onde chegou en busca das súas raíces e procedente de Montevideo, en Uruguai.

Tras este acto vandálico no Bar Pizzaría Vos Arcos, situado na rúa Manuel Sandomingo, foron moitos o que utilizaron as redes sociais para mostrar a este hostaleiro e á súa familia a súa solidariedade e condenar este ataque.

Así mesmo, clientes deste local de hostalaría decidiron trasladarlle o seu apoio á familia de maneira persoal durante toda a xornada do martes.Mentres, a Garda Civil trata de identificar o autor ou autores destes feitos.

Pintada nazi e fascista
Pintada nazi e fascista | Fonte: elnacional.cat

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta