Os galegos gastaron un 44% máis nas rebaixas deste ano

Fixeron un gasto medio de 405 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Os galegos gastaron unha media de 405 euros durante as rebaixas deste ano, o que supón un 44% máis que no mesmo período de 2018, e un 13% máis que a media española, segundo recolle a nova edición do Observatorio Cetelem Estacional sobre o gasto en rebaixas dos consumidores de Galicia.

Neste sentido, o 19% dos enquisados en Galicia afirmou realizar un gasto superior nas rebaixas de 2019 que nas do ano pasado, o que supón un aumento de dous puntos porcentuais respecto dos datos do Observatorio anterior. Comparándoo coa media nacional, os galegos atópanse dous puntos por baixo.

Pola súa banda, aqueles que manifestaron un gasto igual que nas rebaixas de 2018 seguen sendo o grupo maioritario, alcanzando preto do 40% dos enquisados, un punto porcentual menos que o ano anterior. A mesma diminución que os que manifestaron gastar menos estas rebaixas, que foron case o 42%.

Respecto dos produtos máis adquiridos polos galegos, estes foron a roupa (60%), cun aumento de catro puntos en comparación con 2018 e cunha porcentaxe tres puntos maior ao da media española.

Téxtil e calzado deportivo comprou o 33% dos enquisados galegos, unha porcentaxe similar ao de 2018 e un punto por encima da porcentaxe de España. Ademais, calzado e complementos que, cun 31% de mencións, descende un punto respecto ao ano anterior e dous respecto da media en España.

Rebaixas
Rebaixas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta