Eleccións 28A.- Xulio Ferreiro pide unha lista "unida" e Carmela Silva apoios para que non gañe a ultradereita

O alcalde de Santiago di estar centrado nas municipais e non debate sobre o voto dos deputados de En Marea sobre os PGE. O secretario xeral do PPdeG di que Sánchez é vítima do seu "manual de resistencia". Gonzalo Caballero di que o PSdeG porá toda a maquinaria electoral a funcionar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/02/2019 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

17.40. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu deixar atrás "dispostas internas" dentro do espazo político que representa En Marea e chamou a buscar unha "fórmula" para articular unha "candidatura forte e unida" de cara ás eleccións xerais.

Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais
Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais | Fonte: teinteresa.com

17.30. A titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, apoiou a decisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de adiantar as eleccións ao 28 de abril. "É unha boa decisión, á miña non me sorprendeu nada", asegurou en resposta ás preguntas dos medios.

17.00. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad (PP), considerou que a convocatoria de eleccións é o "máis lexítimo" nunha situación na que o país "non estaba a funcionar" e na que se "estaban dando índices de desaceleración" e de parálise "económica".

16:05 O alcalde de Santiago espera que a esquerda non quede como unha forza irresponsable de cara as eleccións polos acontencementos do último ano.

15:45  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, anuncia cambios na axenda da cámara galega, para que deputados e deputadas podan ir á campaña coas súas respectivas forzas políticas. 

15:25 O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, di que o obxectivo é ter unha maioría axeitada para que Pablo Casado sexa o "proximos presidente de España", por iso considera que non é momento para falar de pactos con outras forzas.

15:12 O PSdeG por boca do seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, anima á mobilización contra o que denominou "bloque de ultradereita" que ten "como referente ao expresidente Aznar".

14.00. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que o 28 de abril como día escollido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para celebrar as eleccións xerais responde ao seu "interese persoal" ou "partidario", xa que España, con esta data, entrará "nun período de sombra" e "colapsarase practicamente ata despois de verán".

13.50. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a convocatoria electoral do próximo 28 de abril abre unha "oportunidade" para que os galegos volvan ter "voz propia" no Congreso, con representantes que "dean a cara" polos intereses de Galicia.

13.45. Villares afirma que En Marea se presentará "como formación propia". Ademais, lembrou que En Marea é un "espazo político plural e diverso que acolle a dobre militancia, pero de adscrición individual".

13.35. Feijóo en Twitter: "Pedro Sánchez entró de la peor manera en el Gobierno y se va igual. España no es un juguete ni patrimonio de ningún político. El PP está preparado para demostrar que hay otra forma de gobernar para todos los españoles".

13.30. Os deputados dno Congreso Yolanda Díaz (IU) e Miguel Anxo Fernán Vello (Anova), elixidos dentro da coalición En Marea, din que repetirán como candidatos nesta coalición.

10.30. PSdeG e BNG activan o 'modo campaña' e o PPdeG quéixase da data das eleccións xerais.

12.30. A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, transmitiu o seu "optimismo" ante a convocatoria de eleccións xerais para o próximo 28 de abril e, aínda que lle gustaría que fose antes, sostén que se pecha unha etapa "de intranquilidade" e ábrese unha nova de "futuro" que "beneficiará a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Carlos Quintanilla

Con esta izquierda tan torpe, Vox no va a necesitar un euro para arrasar en abril. Le están haciendo la campaña gratis

1 Bluff

A vox faille caso os votantes....e cuestion d ética de vida votarlles...