Galicia envellece: Só 13 concellos teñen máis nacementos que mortes

Hai 30 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo no conxunto da Comunidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Só 13 concellos galegos teñen máis nacementos que mortes, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) do ano 2017.

Nesa lista, o municipio con máis nacementos que mortes é Ames (138). Nesa lista hai outro tres concellos da provincia da Coruña: Arteixo (45 alumeamentos máis que falecidos), Oroso (13) e Cambre (6).

A provincia de Pontevedra é a que conta con máis concellos nesta situación: O Porriño (60), Salceda de Caselas (33), Poio (15), Pontecesures (8), Oia (7) e Soutomaior (1).

Pola súa banda, en Ourense hai dous municipios, Barbadás (4) e San Cibrao das Viñas (1); mentres que Burela (14) é o único concello en Lugo con este saldo vexetativo positivo.

Neste sentido, o IGE remarca que hai 30 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo no conxunto da Comunidade. Así, apunta os datos xa avanzados de que en 2017 morreron 31.962 persoas en Galicia, 13.517 máis que os 18.445 que naceron. Son peores resultados que os de 2016 (cando houbo 12.695 mortes máis nacementos).

Anciáns
Anciáns

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Surpresa!! A nova seria a contraria.