Máis de 900 lucenses optan ás 56 prazas que ofrece a Deputación no 'Tecendo Emprego'

Este programa pretende "favorecer a contratación de veciños en paro con maiores dificultades para atopar traballo", como os mozos e mozas sen experiencia ou os maiores de 50 anos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A Deputación Provincial de Lugo rexistrou máis de 900 solicitudes para optar aos 56 perfís profesionais ofertados no plan laboral 'Tecendo Emprego', tras pechar o prazo de inscrición o pasado venres.

Tal como sinalou a Deputación nun comunicado, nos próximos días publicarase a listaxe de requirimentos e as diferentes comunicacións ás persoas inscritas neste plan, no cal o Executivo provincial asume con 1,7 millóns de euros os custos laborais dos novos traballadores durante un ano.

O proceso de selección, que terá lugar no mes de marzo, realizarase a través dunha entrevista persoal, "na que os participantes deberán acreditar mediante orixinais, a documentación relativa ao perfil solicitado".

Na entrevista curricular, a Deputación de Lugo lembrou que se terá en conta a formación e a experiencia relacionada co perfil profesional que se solicita, así como a actitude e aptitude que demostre o candidato.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos

OBXECTIVOS

O 'Tecendo Emprego' ten como obxectivo "favorecer a contratación de veciños en paro con maiores dificultades para atopar traballo" como mozos sen experiencia e maiores de 50 anos.

Estes postos de traballo enmárcanse en 41 colectivos sociais da provincia que recibirán axudas de entre 18.000 e 24.000 euros para asumir os custos laborais dos traballadores durante un ano. Estes colectivos demandan 56 perfís profesionais en distintos sectores.

En base ás solicitudes, 31 prazas están dirixidas a lucenses en paro menores de 35 anos e sen experiencia laboral, mentres que 19 son para veciños de entre 30 e 50 anos, e 6 para maiores de 50 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta