Unha nai de Ferrol denuncia o intento de secuestro do seu fillo de 4 anos nun parque infantil

O incidente produciuse a última hora do pasado venres na praza de Amboage, no barrio da Magdalena

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/02/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Unha veciña de Ferrol, nai de dous fillos menores, de 4 anos e 18 meses, presentou unha denuncia na comisaría de Ferrol-Narón  asegurando que un home tratou de levar consigo o seu fillo maior cando este se atopaba nun parque infantil, situado na praza de Amboage, en pleno barrio da Magdalena.

Segundo o relato da nai, ao que tivo acceso Europa Press, "o home comunicoulle algo ao neno, para que se achegase onde el estaba, por fóra do peche, momento no que aproveitou para agarralo". A muller recriminoulle a súa actitude e iso motivou o encaramento do home, ata que ela comezou a gritar e ameazalo con chamar á Policía.

Foi entón cando varias das persoas que se atopaban na praza, nalgunhas terrazas de establecementos hostaleiros, acudiron en auxilio da muller e dos seus dous fillos ao decatarse do sucedido.

FUXIDA

Nese momento o home emprendeu a fuxida correndo, o que provocou que o neno comezase a chorar. A súa nai relatou que o descoñecido o chamou co pretexto de que era amigo do seu pai. Ao parecer, pediulle que lle "chocase" a man e aproveitou ese momento para "agarralo e dicirlle:   "Imos dar un paseo, pero non teñas medo". Ademais, tamén a presenza da súa irmá pequena, que aínda non cumpriu os dous anos.

Algunhas persoas situadas no lugar apuntáronlle á nai a posible identidade do home, que podería tratarse dun veciño da localidade. A nai trasladoulle esa información aos axentes ante os que puxo a denuncia para tratar de facilitarlles a resolución do suceso.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta