Os pensionistas galegos son os que menos cobran do estado, só por riba dos extremeños

A pensión sobe case un 6% en febreiro, pero segue sendo de 834,9 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A pensión media en Galicia subiu un 5,9% en febreiro deste ano en comparación co mesmo mes de 2018 ata situarse en 834,91 euros, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicados este martes, pero segue á cola do estado.

Deste xeito, a pensión en Galicia é a segunda máis baixa entre comunidades, só por encima da cifra de Estremadura (820,17 euros) e uns 150 euros por baixo da media española (985,16 euros).

Por provincias, a pensión máis alta na Comunidade está na Coruña, con 878,80 euros; seguida de Pontevedra (876,43 euros); Lugo (742,61 euros); e Ourense (721,11 euros).

O número total de pensións na comunidade galega alcanzou as 765.303, un 0,6% máis en relación co mesmo mes do ano anterior e representa o 7,9% das do conxunto do Estado. Delas, 298.399 están na Coruña; mentres hai 241.621 en Pontevedra; en Lugo son 116.766 e en Ourense son 108.517.

En canto a tipo de pensións, de xubilación contabilizáronse 478.406 na Comunidade no segundo mes do ano, cuxo valor medio foi 948,27 euros. As pensións de viuvez, un total de 186.928, ascenderon a 597,18 euros de media; as de incapacidade permanente, 69.892, situáronse en 872,55 euros; as de orfandade, 23.608, en 397,20 euros; e as en favor de familiares, 6.469, en 512,21 euros.

Evolución de pensión media en Galicia. EPDATA
Evolución de pensión media en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Se os pensionistas " están por riba dos extremeños" é que non son os que menos cobran. E as pensións están en función do cotizado.