Temas: MAR

Alerta laranxa este luns na costa da Coruña, Lugo e Pontevedra por ondas superiores aos 5 metros

As ondas situaranse en toda a costa galega entre os 5 e os 7 metros de altura, con ventos no mar de suroeste que oscilarán entre forza 7 e 8.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2019 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

As provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra continuarán este luns en alerta laranxa na costa por ondas que poderían superar os 5 metros ata media tarde, e con alerta amarela por fortes ventos na Mariña lucense.

Segundo recolle a predición de Meteogalicia, ata media tarde, as ondas situaranse en toda a costa galega entre os 5 e os 7 metros de altura, con ventos no mar de suroeste que oscilarán entre forza 7 e 8.

Un total de 9 provincias estarán en risco por vento ou fenómenos costeiros en todo o país. No Cantábrico oriental e Pireneos occidentais, o ceo estará nubrado con precipitacións débiles que cesarán pola tarde. Non se descartan algunhas choivas ocasionais en Galicia, e mesmo en puntos dispersos da meseta norte, durante a mañá.

Ondas xigantes nun gran temporal
Ondas xigantes nun gran temporal | Fonte: EP

Temas: MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta