Por Galicia Confidencial | Gondomar | 27/10/2011 | Actualizada ás 00:45
A ponte da parroquia de Mañufe está cortada e non é posible atravesar o río. Na mesma parroquia moitas familias teñen oas fincas totalmente anegadas e estragadas no barrio de Moreira.
Unha familia en Mañufe atópase refuxiada na segunda planta da vivenda, logo ca auga rompera o muro de contención e unha onda impactase contra a finca. A crecida comezou pasadas as 16 horas e medrou sobre as 17h. Varios automóbiles quedaron atrapados pola corrente. Hai preocupación dos veciños e comerciantes polo que poda suceder nas próximas horas.
Falla de previsión municipal
Ai queixas dos afectados pola falla de previsión municipal. Un dos comerciantes manifestou a Valminor.info que as arquetas non estaban preparadas para aliviar o que era previsible na zona da praza de Abastos. Tamén denunciaron a falla de limpeza do río e as cunetas que non soportaron dous días de choivas. Aínda non hai avaliación dos danos materiais.
As causas dos asulagamentos en Sabarís foron debidos ao arrastre de maleza que taponaron varias pontes dende o Caeiro ata o centro de Sabarís. Os tapóns de ramallos fixeron desbordar o río á altura do mercado. Ainda así o novo sistema de contención posto no ano 2006 pola Xunta e o bypass final na rotonda do Camping conseguiron evacuar toda a auga.
Nova do medio colaborador valminor.info
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.