Investigan a un home por un incendio en San Xoán de Río tras descontrolarse unha queima

Por E.P. | OURENSE | 05/03/2019 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica de Ourense tomaron declaración como investigado a un home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 27 de febreiro no lugar de Cortes, no municipio de San Xoán de Río, tras escaparlle unha queima.

Segundo informa nun comunicado este corpo, o lume afectou a unha superficie rasa de 0,01 hectáreas e iniciouse cando o investigado estaba a realizar unha queima, pero non gardou "as medidas de precaución pertinentes, polo que o incendio propagouse pola leira".

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, en funcións de garda, da Pobra de Trives. No que vai de ano, un total de 11 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

Zona queimada nun incendio
Zona queimada nun incendio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta