Os informativos da TVG dan 10 veces máis tempo ao PP ca o BNG

Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/10/2011 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O BNG presentou hoxe un recurso ante a Xunta Eleitoral Provincial para denunciar o tratamento informativo dado onte pola TVG aos actos de precampaña. Segundo a fonte, nas distintas emisións da TVG (telexornal 1 e 2 e as súas redifusións na G2), o tempo dedicado polos informativos da televisión autonómica ao Partido Popular ascendeu a 12,24 minutos, mentres que o que se destinou ao Bloque Nacionalista Galego apenas chegou a 1 minuto e 16 segundos. O tempo dedicado ao PSOE acadou os 9 minutos 32 segundos.

"Non se trata tan só  dos aspectos cuantitativos: os cualitativos demostran un partidismo inaceitábel por parte da TVG e a violación do principio básico de respeito ao pluralismo político que debe rexer unha televisión pública", argumentan dende o Bloque.

O espazo dedicado polo telexornal ao PP contiña até 4 totais (audios con imaxe) distintos de Javier Arenas, o que, multiplicado polo número de emisións dos espazos informativos (dous telexornais e as súas correspondentes redifusións) deita a cifra final de 16 totais do político conservador. 16 a 0 a favor do PP, posto que o BNG non tivo nin un só total en todo o día de onte na TVG.

A TVG abriu os telexornais co titular “Avance do Programa do PP”. Como queira que Rajoy non tivo onte ningún acto, a TVG, para poñelo en antena emitiu imaxes de arquivo do mítin xantar celebrado polo PP na Coruña o pasado sábado.

Con estes antecedentes, o BNG solicita que a Xunta Eleitoral delcare a “concreta vulneración dos principios de pluralismo político e social na emisión dos espazos informativos emitidos o 30 de Outubro de 2011”.

Velaquí os titulares do Telexornal deste mediodía:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 SON EU

¡FASTIDIARIA! pero cantos deputados ten o PP e cantos ten o BNG? pero canto burro hay. Buff, Beiras where is?

1 Andamolho

Nao sei se entendim bem, que e o que queres dizer, que a hora de oferecer informaçom devese ter em conta a cantidade de deputados dum ou doutro partido? Nao pode ser certo, seguro que entendim mal, por que se entendim o que me parece e melhor que te retires a reflexionar da qualidade democratica que tes no cerebro, ou melhor, pidelhe o Beiras que che diga a diferença entre informaçom e espaços eleitorais.

2 xan soares

exacto, Andamolho, exacto. A falla de cultura democrática deste país é alarmante. Tantos séculos de caciquismo levan feito estragos.

3 Leike

Era boa! Na Galiza non hai incendios, non hai corrupción, Feixóo acabou co paro e coas listas de espera, atende ás persoas dependentes, todo é transparente e mediante concurso público! Para que queremos unha Radiotelevisión Galega diferente se España nos ghobierna bien? Para qué queremos os galegos e galegas o nacionalismo?

2 Andamolho

Velaí a independencia informativa, velaí a manipulaçom da que falaba nao há muito o PP, mas a questom e quem faz estas praticas som eles mesmos!!!

1 Akribéstaton

Esta é uma presa que o BNG não pode soltar. Está em jogo a democracia. A direita não resistiria no poder se os meios de comunicação tivessem uma mínima equanimidade.