Prohiben a entrada a un mozo africano nun local da Coruña alegando “nuevas normas”

O pai do rapaz pide explicacións ao Playa Club da Coruña e vincula este feito cun posible caso de racismo. Ameaza cunha denuncia por discriminación se non hai resposta. O concello pide que se investigue.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 11/03/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Este foi o tuit que publicou hai un día Jorge Espada, o pai dun mozo de 20 anos de orixe africana. Un tuit que en menos de 24 horas tivo xa máis de 5.000 retuits e que xerou unha morea de comentarios nas redes sociais.

Jorge Espada o único que pide é que este coñecido local da Coruña lle explique por que o pasado sábado lle prohibiu a entrada ao seu fillo, de pel negra, no local alegando “nuevas normas”. Polo momento, e a pesar dos milleiros de comentarios en redes, este establecemento segue sen dar resposta.

Segundo relata este pai a Galicia Confidencial, o seu fillo quixo entrar con outros amigos no Playa Club, pero foi rexeitado polo persoal de seguridade. “A súa indumentaria era igual que a do resto dos seus amigos así que a escusa non era nin polo seu estado, nin pola súa roupa”, apunta. “ A única explicación que recibiu foi que, cos novos propietarios, cambiaron as normas e que había xente que non podía entrar”, engade ao salientar que antes nunca tivera ningún problema para acceder a ese sitio.

Esa foi a escueta respota que recibiu o rapaz, a pesar da súa insistencia e a dos seus amigos por coñecer que motivos eran eses. O persoal de seguridade mantivose nas súas e impediu a súa entrada. Os amigos entón decidiron chamar á Policía para denunciar a situación, aínda que ningún efectivo acudiu ao lugar, segundo relata o pai. “O que lle dixeron é que tiña que presentar unha reclamación”, indica.

Playa Club Coruña
Playa Club Coruña | Fonte: turismocorunablog

“El ten 20 anos agora. É fillo noso desde que tiña 14. Temos tres fillos e non tivo ningún problema nunca. É un rapaz normal, coma calquera outro. Gústalle saír de marcha, pero evita os problemas”, suliña Jorge Espada.

Por iso, a única razón lóxica que atopa para que lle denegaran a entrada é por ser de cor negra. Por iso denunciou esta discriminación nas redes sociais e está á espera dunha respota. “Espero unha explicación do Playa e non aspiro a máis. Quero tamén saber a súa versión, pero senón hai resposta presentarei unha denuncia”, advirte. De feito, xa se puxo en contacto cun avogado.

O CONCELLO PIDE QUE SE INVESTIGUE

Respecto diso, o Concello da Coruña, pediulle á Policía Local que investigue o acontecido e púxose a disposición do pai. Tamén ratificou que, noutros casos, si recibiron denuncias por racismo nalgúns locais de lecer da cidade, a través do Observatorio de Racismo e Xenofobia que teñen constituído, pero sinalou que, neste caso concreto, están á espera de poder falar tamén cos responsables do establecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Mlón

Esta é a liberdade que reclaman os liberais.

1 Eu non cambio

Tal cual, liberdade para discriminar

1 FGT

Paréceme moi raro que non deixaran pasar ao rapaz por ser negro. É certo que oín queixas sobre que no Lolita había moito negro. Supoño que serán tíos que a teñen pequena e lle botan a culpa aos demais da súa pequenez; ou pailáns que temen que os negros estean mellor e lles saquen as mozas. Os motivos polos que os porteiros das discotecas non deixan entrar a alguén sempre foron misterios insondables. Na noite da Coruña uns poucos negros son carteiristas, pero non se pode rexeitar a todos por uns poucos, e os porteiros deben coñecelos como os coñece todo o mundo. A Administración tiña que poñerse seria e meter multas que deixasen tremendo aos locais. Non hai reserva fo dereito de admisión. É ilegal negarlle a entrada a alguén.

1 Cormelana

Se tiveses familiar racializad@ non te sorprenderías

2 edu

FGT: Anda que tu comentario non destila racismo, meu... Espero que de maneira inconsciente. Mas iso de que "na noite da Coruña uns poucos negros son carteiristas" desprende racismo por toda a frase. Pensa un pouco e resposta se queres: se leras unha noticia na que se falase dun abuso cometido contra un mariñeiro (poñamos por caso), se te pasaría pola tua cabeza escreber algo así como: "na noita da Coruña uns pouco mariñeiros son ladrons"??? Non caiste na conta de que aquí a persoa violentada é a de pel negra e o violento quen non o deixou entrar?? A que ven identificar a vítima con carteristas? Iso tamén é racismo!!

3 Aliado feminazi

Edu, relaxate, toma unha tiliña meu, e busca o significado de racismo no dicionario antes de facer o parvo. Se hai algún negro coñecido por ser carteirista dise e punto, el mesmo di q non se podo rexeitar a todos por uns poucos. Menos perroflautismo