Así o puxeron de manifesto en declaracións a Europa Press cuestionadas pola reacción dalgúns bañistas que tentaron reter nunha praia de Granada nos últimos días a varios migrantes que chegaron a bordo dunha embarcación.
  comenta   0
A Guía xurídica e psicosocial para profesionais que traballan con menores migrantes non acompañados (Medialuna, 2025) recomenda a empatía, a escoita activa e ofrecer espazos seguros e "libres de discriminación" para un correcto acompañamento dos menores migrantes non acompañados.
  comenta   0
Se os gobernantes son os que deben dar exemplo de ética e humanidade, dende hai un tempo, debido a diversos feitos e decisións políticas que se van coñecendo no mundo, a deriva cara unha deshumanización da política é evidente. Cando as persoas son tratadas como números e mercancías ademais de xogar coa súa dignidade sen pudor é un indicativo de que algo vai mal.
  comenta   0
A formación quere suprimir artigos do Código Penal que considera contrarios á liberdade de expresión, como as inxurias á Coroa ou as ofensas relixiosas
  comenta   0
O centro educativo Trisquel pide á ONG Rescate que cumpra a distinción que impón a normativa. O Foro de Inmigración alerta do risco de que unha cuestión de ocupación de espazos entre entidades, derive en actitudes racistas.
Os americanos non dan puntada sen fío. Primeiro véndenlle as armas e as bombas ós israelitas e, dende que todo esta desfeito, dinlle ós perdedores desa guerra, que son os palestinos, que fuxan pra outros lugares que eles queren mercar e reconstruír a zona desfeita pra convertela nun espazo de lecer e así sacar tallada económica do asunto.
  comenta   0
Critican que non se poida acudir ás comisarías a resolver trámites que son derivados á web xeral de estranxiría que está "permanentemente colapsada".
  comenta   0
Galicia Confidencial, ao igual que The Guardian e La Vanguardia, xa deu este paso hai semanas pola deriva ultra do dono desta rede social.
  comenta   0
O discurso de odio cara as persoas racializadas, inmigrantes ou a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual parecen vivir unha época de expansión. O acceso a discursos terxiversados, a mentiras ou loiadas e noticias descontextualizadas mediante a Internet está facendo pensar en se os máis novos van perdendo valores de convivencia e democráticos para deixarlle paso a valores totalmente contrarios á dignidade humana, sexa cal for o sinal identitario de cada ser humano.
  comenta   0
O mundo está a arder, e non é só a calor do sol o que nos queima: é o lume dun sistema que nos consome, deseñado para manter a riqueza e o poder en mans duns poucos. Sufócanos o alento febril do capitalismo, que depreda a Terra e explota aos pobos na súa procura insaciábel de ganancias.
  comenta   0
Segundo comunicou o club ferrolán, a muller estaba situada na bancada de Tribuna e, tras o incidente, pedíuselle a súa identificación para dar traslado deste incidente
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cargou contra o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, e contra o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda, por "alimentar discursos racistas" sobre a emigración no que ve un intento por "competir" con Vox
  comenta   2
"Temos unha débeda moral con todos estes homes e mulleres aos que lembramos hoxe porque grazas a eles hoxe podemos exercer calquera ideoloxía política con liberdade. Se non fóra por eles aínda estariamos neste país naquela 'Longa noite de pedra'", dixo o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro.