As inmobliarias madrileñas comezan a facer negocio en Galicia tras a crise

Metrovacesa cifra en 32 millóns o seu investimento en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

A promotora inmobiliaria madrileña Metrovacesa quere entrar de cheo no mercado galego e xa cifrou en máis de 32 millóns de euros o investimento que fará en Galicia nos próximos anos, ao sumar á súa promoción en Pontevedra, outras dúas en Santiago de Compostela e unha na Coruña, ata superar as 170 novas vivendas.

Nun comunicado, a empresa sinala que comezou o desenvolvemento de Residencial Xardíns da Gaiteira, na Coruña, e Residencial Cornes e Residencial San Marcos, en Santiago de Compostela, que se unen á xa iniciada o ano pasado en Pontevedra.

A da Coruña, situada na Rúa Gaiteira, no barrio de Catro Camiños, é a súa primeira promoción nesta cidade e suporá un complexo de 70 vivendas que foi deseñado polo estudo local Arqnova. Está previsto que os traballos de construción finalicen no primeiro semestre de 2021.

Na capital galega, Metrovacesa comezou o desenvolvemento dun conxunto de 34 vivendas na zona de Cornes que se entregarán a finais do 2020, cun proxecto deseñado polo estudo galego Carbajo & Barrios. Doutra banda, na parroquia de San Marcos constrúe unha urbanización formada por 69 vivendas encostadas que prevé entregar a finais de 2021. Deste proxecto encárgase o estudo Díaz&Díaz Arquitectos.

Operarios nunha obra
Operarios nunha obra | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta