Feijóo insiste en pedir que non se divida o voto da dereita

Defende que "o voto directo ao PP" é a "fórmula segura" para que o próximo presidente do Goberno sexa Pablo Casado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, insistiu en que "o voto directo ao PP" é a "fórmula segura" para que o próximo presidente do Goberno sexa o candidato do PP, Pablo Casado.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no Consello. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no Consello. XUNTA

Así se expresou Feijóo na súa visita a Sarria (Lugo), onde estivo acompañado polo candidato popular á Alcaldía da localidade, José Antonio García, e a presidenta provincial do PP, Elena Candia.

O líder do PPdeG instou a non caer na división do voto entre os partidos de dereita e centrodereita, xa que "se o galegos queren que goberno o candidato do PP", só existe "unha fórmula segura: o voto directo ao PP".

Nesta liña, alertou con que a "división" do electorado favorece a "socialistas, populistas e nacionalistas", polo que chamou a concentrar o voto conservador en torno ao PP para trasladar o modelo de Galicia ao Estado, defendeu.

"O PP non é un partido grande que pon franquías despersonalizadas alí onde pode", asegurou Núñez Feijóo, que reivindicou que o seu partido "é o único" que ten "un proxecto propio, un equipo e un candidato".

"Os galegos non lle imos a dar un minuto máis na Moncloa a un presidente que non lle preocupou Galicia nin un só minuto", aseverou para, a continuación, asegurar que Pedro Sánchez está "en permanente débeda co populismo, o nacionalismo e o independentismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta