Novas Xeracións do PP: "O Goberno socialista é o dos 'gatillazos', o que fixo por Galicia foi para abaixo"

Nun acto celebrado en Santiago estiveron presentes as críticas ás campañas do PSOE, pero tamén a Ciudadanos e Vox, cuxas solucións censuraron por non tratarse máis ca de "dicir 'Viva España' e sacar fotos cun casco do século XV"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O presidente de Novas Xeracións do PP en Galicia, Adrián Pardo, ironizou que "o Goberno socialista é o dos gatillazos", porque "sempre que fixo" algo pola comunidade foi para "abaixo", en referencia a medidas como a baixada de investimentos no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado.

Na convención de NNXX de Galicia celebrada no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, con preto de 170 participantes, o presidente da organización xuvenil do PP, Adrián Pardo, ironizou coa campaña 'Hazlo con Pedro' que as Xuventudes Socialistas presentaron, xunto cun "colchón inchable". "Seguro que o colchón en Cataluña será viscoelástico grazas ao aumento do 60% do PGE co que Pedro Sánchez paga o apoio de independentistas", suxeriu, para criticar a continuación a Podemos, Ciudadanos e a Vox.

Ante unha xeración "que non se deixará embaucar polo populismo nin de dereitas nin de esquerdas", censurou que as solucións de Vox pasen por dicir 'Viva España e sacarse fotos cun casco do século XV".

NNGG de Galicia: 'O Goberno socialista é o dos gatillazos, sempre que hi
NNGG de Galicia: 'O Goberno socialista é o dos gatillazos, sempre que hi | Fonte: Europa Press

FEIJÓO PROPÓN "XOGAR DURO" O 28-A

No acto celebrado Santiago non participou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presente este sábado en Allariz, pero si se dirixiu ás mocidades do PP a través dun vídeo, no que alertou que o 28 de abril está en xogo "o modelo de España, vivir xuntos fronte aos que queren romper a convivencia". Ante isto, propúxolles "xogar duro, pero con principios, con valores e sen insultar a ninguén", porque as ideas "deféndense con argumentos".

Aproveitou para eloxiar a mocidade galega porque "ten o seu propio criterio e non se deixa levar por modas pasaxeiras". A esas "modas pasaxeiras" tamén aludiu o presidente de Novas Xeracións de España, Diego Gago, que criticou, aínda que sen citalo, ao líder de Vox: "Falar de ir cazar a Toledo, pasear pola praia de Cádiz ou gritar Viva España... con iso non retemos talento novo ou baixamos o paro".

Ao tempo, tamén puxo en valor o peso dos mozos no PP, lembrando que ten máis alcaldes menores de 35 anos en toda España ca Ciudadanos de calquera idade. "É imposible ver un acto como este en outro partido porque non teñen xente nova", incidiu.

Na convención tamén interveu Paula Prado, deputada do PPdeG no Parlamento de Galicia, que lles recomendou, en primeiro lugar, "traballar na empresa privada e formarse" e "non inquietarse" se non se entra nunha lista electoral con 22 ou 23 anos. Tamén ela criticou a campaña das Xuventudes Socialistas, por ser "de mal gusto, cutre e que non achega nada para resolver os problemas". Fronte a isto referiuse a unha mocidade que si "vota" ao PP porque "lle gusta o rigor".

"É importantísimo que o 28 de abril gañemos, porque se segue Sánchez quedan catro anos de destrución absoluta das políticas de emprego implantadas por Rajoy", alertou. Animou a "desenmascarar os venres sociais, que non son sociais senón os do euromillón, para comprar votos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pitito

O chavaliño ese de Novas Xeracions, non era o aquel que lle quitara importancia ao feito de que Franco fose un dictador? Pois gatillazo o seu, e sen camisa azul

1 uu1

Não será verdade que o PP governa a Galiza desde o ano 2009, e governou no estado desde o ano 2011 até o 2018. Vergonha de aspirantes a poltronas!