Arden 70 hectáreas en Ourense en pouco máis de dúas horas

O lume, que afecta ao concello de Vilariño de Conso, ten activos "varios focos"

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/03/2019 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Un incendio está activo esta tarde no municipio ourensán de Vilariño de Conso, onde arrasou unhas 70 hectáreas en pouco máis de dúas horas.

Incendio forestal. EUROPA PRESS - Arquivo
Incendio forestal. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo informa a Consellería do Medio Rural o incendio declarouse con "varios focos" ás 16,20 horas na parroquia de Sabuguido. A superficie queimada é provisional.

Ata Vilariño de Conso desprazáronse diversos medios, como sete helicópteros, catro motobombas, oito brigadas e catro axentes, indica a Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta