Piden axuda para atopar un mozo de 21 anos desaparecido en Marín que necesita medicación urxente

O mozo permanece desaparecido desde o pasado sábado, cando foi visto por última vez na localidade onde reside.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2019 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Os familiares de Cristian Vilavedra Lorenzo, de 21 anos de idade, solicitan axuda para dar co seu paradoiro. O mozo permanece desaparecido desde o pasado sábado, cando foi visto por última vez na localidade onde reside, Marín (Pontevedra).

Buscan a un mozo de 21 anos desaparecido en Marín (Pontevedra) desde o pasado. SOS DESAPARECIDOS
Buscan a un mozo de 21 anos desaparecido en Marín (Pontevedra) desde o pasado. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Segundo a descrición achegada por SOS Desaparecidos, Cristian Vilavedra mide 1,75 metros, pesa uns 75 quilos, usa lentes graduadas e ten acne e as cellas poboadas.

Ademais, os familiares do novo, do que non se sabe nada desde a noite do 16 de marzo, indican que necesita medicación urxente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta