Rubén Pérez: "É o momento de construír a esquerda alternativa deste país"

EU está a desenvolver unha campaña moi activa na que chama á "rebelión". Rubén Pérez, candidato en Pontevedra, explica os obxectivos deste partido para o 20N.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 16/11/2011 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial (GC). As enquisas dan unha subida espectacular a EU. Confiades vós tamén en obter vos resultados?
Rubén Pérez (RP). Nunca valoramos enquisas porque como moi ben di o noso candidato á presidencia Cayo Lara as urnas están baleiras e todo é posible. O certo é que a proposta programática de EU-OV está chegando a moitos sitios onde facía anos non estábamos os candidatos e candidatas presentando propostas e solucións dende a esquerda. Con moitas limitacións de recursos pero cunha militancia exemplar e case "heroica" e cunha receptividade ás propostas de EU-OV notable.

GC. Sen embargo, en Galicia, a cousa segue difícil porque non hai perspectivas dun escano. A que credes que se debe isto?

RP. A lei electoral é perversa con EU. O propio Martín Villa, ponente da lei recoñece que buscou que os partidos, como no seu tempo o PCE con representación en todo o estado, tivesen una paridade votos-escanos moi desproporcionada. En Galicia o BNG usou ademais as crises da esquerda para usurpar un espacio electoral que era da esquerda, non do nacionalismo, que cando di "Galicia" refírese a unha idea de que patronal e traballadores temos os mesmos intereses ante os poderes fácticos do estado (o que eles chaman Madrid). É o momento sen dúbida de construír a esquerda alternativa deste país desenmascarando algunhas posicións oporturnistas pero confluíndo tamén con moita xente do ámbito do soberanismo.


GC. Credes que o BNG vos quita votos aquí?.

RP. Como dicía o BNG apropiou un espazo orfo dunha esquerda alternativa e plural. En Vigo por exemplo estamos recuperando ese espazo, incluso a nivel municipal nos barrios obreiros como Navia ou Teis EU está sendo a terceira forza en moitas mesas. Hai unha recomposición do espazo da esquerda e un desprazamento do BNG ao único espazo que é capaz de defender de xeito críble que é o modelo CIU-PNV e non o de esquerda alternativa.

O "sorpasso" en Ferrol

GC. Pregúntocho porque en Ferrol comprobouse que cando o BNG se afundiu, foi EU quen triplicou resultados.
RP. Ferrol é un exemplo pero tamén Vilagarcía. O BNG tocou moito poder municipal e autonómico para facer o mesmo que os outros partidos do "bipartidismo". Algo terá que ver neste "sorpasso" o feito de que podemos afianzar en Galicia que esa xestión do BNG non fose identificada como esquerda anticapitalista polos traballadores e traballadoras.
 

GC. Cales son as claves de EU nestes comicios?
RP. Financiar todo o programa de EU (sanidade, educación, emprego, desenvolvemento sostible...) require esencialmente ir a onde están os recursos, e dicimos que saen da alta taxa de fraude fiscal (maioritariamente do gran capital) que equivale ao 23% do PIB, pero tamén sae dunha fiscalidade xusta que equipare as rendas do traballo ás do capital evitando que sexamos os traballadores e traballadoras os que paguemos á crise. Hai unha aposta por crear 3 millóns de postos de traballo partindo do fin do proceso de acumulación de capital en mans dunha minoría. EU considera que foi demencial ser o país da OCDE onde o beneficio do capital foi máis alto entre 1980 e 2010 e os salarios creceron moi por debaixo deste capital, e por enriba aumentou o desemprego. Iso explica perfectamente o que Marx chamou "proceso de acumulación capitalista".


GC. E os obxectivos?
RP. O grupo parlamentario sen dúbida e un obxectivo prioritario pero EU quere que este sirva para dar a voz á mobilización social que fai falla neste país para mudar o modelo de desenvolvemento económico. Un grupo parlamentario forte pero baixado á realidade das rúas e das asembleas populares como o 15-M é o único camiño.


GC. Rebélate... Ese é o lema co que vos presentades. Un pouco guerreiro, non?

RP. Son tempos duros para os que fai falla rebeldía. A contradición capital-traballo aperta e as vellas fórmulas de loita de clase seguen perfectamente vixentes aquí, en Grecia ou Portugal....

"Revolución ampla e plural"

GC. Que revolución procurades?
RP. Esencialmente o que di a Internacional: "cambiar o mundo de base para os que os nada de hoxe sexan todo", unha revolución ampla, plural e multipolar pero que coincida inequivocamente no anticapitalismo.


GC. E como afectará o 15M á campaña?
RP. Nós estamos asistindo a canto debate ou proposta somos convidados polo movemento. Esta sendo exemplar a súa pluralidade á hora de convidar a tódolos partidos de igual a igual polo que creemos que a súa principal aportación é dotar de pluralidade á política deste pais. Neste aspecto é o que máis agradecemos á súa existencia e por suposto en denunciar o cadudo e inxusto sistema electoral.


GC. Hai quen di que vós seredes os grandes beneficiados dese movemento?.

RP. Do 15M é parte todo o ou a que queira ser parte, independentemente de militancia ou orientación política. Esa pluralidade fai converxer moitas propostas con IU outras non como o das listas abertas que nos consideramos á porta de entrada ao populismo (modelo GIL en Marbella) en política. Pero no esencial o acordo programático e propositivo é moi alto.

Os votantes "volven a casa"

GC. Tamén da previsible devacle socialista. Moitos dos seus votos tamén irán a EU... O iso din os inquéritos.
RP. En 2004 e 2008 o PSOE tomou moito voto de EU, que non era voto habitual do PSOE porque o medo ao PP era terrible, o propio Zapatero no 2008 dicía "que tomaba nota deste (mal chamado) préstamo de votos" e que polo tanto faría políticas de esquerdas orientadas a este electorado. Defraudados polas políticas de dereitas e servís da plutocracia comunitaria o votante de EU volve á confiar na forza que leva anos denunciando Maastrich, as reformas laborais, o sistema financeiro, etc... é un volta a casa que agradecemos ao electorado e que sen dúbida nós saberemos non defraudar.


GC. Con todo, a vosa subida chega no momento de maior fortaleza do PP. Isto non escoce un pouco?
RP. É lamentable que traballadores e traballadoras de este país vaian a votar ao PP pensando en clave de medo ao desemprego e a crise. Os culpables da crise son eles e nos incluso dicimos que 11 dos 14 posibles deputados que se xoga IU neste proceso xóganse co PP polo sistema de Hont, e de caer para o lado noso serían 11 deputados menos do PP, non do PSOE, polo que o voto útil neste caso é IU e quen sabe se eses 11 deputados serán definitorios para configurar unha maioría de esquerdas......


GC. E, persoalmente, como levas a campaña?
RP. Terrible porque teño un ERE temporal na empresa que traballo e non podo ter suficiente tempo como noutros procesos. Ademais o crecemento organizativo de EU lévanos a facer moitos quilómetros e multiplicar os actos e foros. Todo o esforzo se fai cunha ilusión tremenda pero cun esforzo titánico


GC. Sen embargo, non se che ve moito nos medios de comunicación?. Cres que hai monopolio mediatico tamén nos comicios?
RP. Sempre, aínda que agora cremos que a maior dificultade é que os medios recurtan plantillas (hai menos xornalistas e fotógrafos) e a pluralidade vese afectada dobremente xa que non hai plantilla para tanto acto electoral. Pedimos públicamente que se aumentara plantilla aos medios, sobre todo cando reciben cartos institucionais inxentes pero parece que nada se move. O exemplo de pluralidade o estades dando os medios dixitais. O maior instrumento que ten hoxe en día EU é a rede e por suposto o pateo da rúa.

GC. Un desexo para o 20N
RP. Converter a indignación en voto rebelde, nunha forza alternativa modulando o bipartidismo brutal que vivimos neste país. E sobre todo ademais de votar participar activamente na sociedade civil, nos movementos sociais, nos sindicatos de clase e polo tanto en construír un novo mundo.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 98 comentarios

30 flashback

la internacional sin naciones is back, viva el comité central!!!

29 Mercedes

Rubén con todos los respectos para ti, la candidata por Coruña, Mª Luz Canal, es la mejor. Fuerza EU, de esta vez MI VOTO. El Bloque sólo sabe decir lo que decía hace 20 años, Galiza,Galiza...ya no es de izquierdas. Beiras lo era, pero estos de ahora, buff...hasta están relacionados con el empresario corrupto, el Dorribo. Una vergüenza para los y las que lo estuvimos votando muchos años.

1 Rayleigh

Vaia..tes as probas desa relación? Agradeceríache cas aportaras e de paso cas puxeras en coñecemento do Xuíz, xa que ata o de agora ningún do BNG está sendo investigado, detido ou chamado a testemuñar polo tema. E se o único que tes, é SOAMENTES a testemuña dun condeado por FALSIDADE e FRAUDE, amosas ben as claras o teu criterio. Veña rapaza, que non cola. Agora verás a dicirme que Elvis anda vivo e vive en Chantada, non?

2 Borjamari

Mercedes, con todos los respetos para tí, creo que estas muy equivocadita. Izquierda Undida tampoco es de izquierdas. La única candidata guay es la candidata de Eguo por Lacoru. De verdad, Mercedes, te lo juro por Snoopy. Ánimo Cecilia, tienes todo mi apollo.

3 Kiko

Ai Mercedes, Mercedes,... tamén din os do PSOE que son de esquerdas e xa ves, a carón do PP en Euskadi.

4 lugués

A Merche tirouse á piscina sen mirar se tiña auga, e vai o espabilado taparrabos oficioso do BNG -un tral Rayleigh- e lánzase de cabeza e sen casco: que Fernando Blanco, exconselleiro da UPG, excandidato nas listas do BNG e exdeputado polo BNG (motivo polo que dimitiu) si está encausado, investigado e chamado a testemuñar (por iso pediran permiso ao TSJ, por ser aforado). Ademáis o tal Fernando Blanco era presidente de honra do clube privado Acción&Klasse de Dorribo, e tocoulle a lotería... Será que no BNG hai clases, e os clasistas agora son de esquerdas!

5 Ordes 2000

Esqueciches de nomear a Bazarra, segundo de Fernando Blanco e fundador de Carrumeiro e empregado de Dorribo. Esta é a esquerda do BNGuai

6 ObreiroGalego

Merchi é o corrector ortográfico Xoelho, practicando o pilingüismo armónico, propio da sucursal de IU para a rexión noroeste. O meu voto para o partido contra o maltrato animal, que tamén somos chachiguai como Equo e Iu.

7 GzGzGzGz

Querida Mercedes, poderiamos falar de moitas cousas... Non che vou falar de Galiza, que te aburre, voume centrar tan só na falacia que soltas, e coa que entras no xogo de PPSOE e que a IU tanto lle gosta e que tan bos réditos lle dá, que é botar lixo sobre o BNG insinuando corruptelas. Hoxe mismo é noticia na Coruña o fiscal arquiva o "caso dedazo", denunciado polo PP para cargarse o bipartito, e cacarexado por IU para sacar tallada. É VERGONZOSO. É NOXENTO. E non é un caso único. Pasou en Mugardos hai uns anos (lembras, tamén o difundiu IU aos catro ventos, e despois quedou en nada). Este mismo ano intentárono sen tanta sorte en Pontevedra, atacando ao edil de Facenda do BNG antes das municipais. En Vigo tamén a principios de maio... E todas estas denuncias pasan as eleccións e se caen polo seu propio peso, pero mentres tanto andan os voitres mirando de sacar tallada. Con Fernando Blanco, querida Mercedes, pasará tres cuartos de lo mismo, e se non, ao tempo.

28 BrHZ

E a este tiparraco de Atapuerca non lle pasan o corrector ortográfico "Xoelho"? Non ho, ese corrector so funciona cos do bloque¡¡¡

1 Rayleigh

Non llo pasa os lusistas, vaille pasar a este...

2 Pablito el Malo

Rayleigh: Es absolutamente cansino e agotas a tódolos foreiros agás a tí mesmo

27 punq

Vamos ser sérios. Onde governou o Bloco desiludiu aos votantes da esquerda (com algumas exceções como Ponte-Vedra e outros). Onde governou Esqueda Unida ainda desiludiu mais (com algumas exceções como Córdoba). E agora vem este aqui com a sua demagogia a tentar levar os votos dos desiludidos do Bloco. E isso que ainda não arrefeceu isto: http://www.youtube.com/watch?v=08cJ...

1 punq

A verdade é que dentro do sistema não a espaço para fazer políticas distintas daquelas ditadas pelo sistema. E penso que tanto o Bloco quanto IU deveria ser honestos e dizer abertamente que só podem fazer políticas social-democratas (como muito) e assumir o seu papel como tais. O qual já não é pouco tal e como estão as cousas.

2 punq

Que se passa? Que da mesma maneira que a direta deve fazer piscadelas constantes para a extrema-direita se que ter maiorias absolutas, assim também a esquerda tem de fazer piscadelas "revolucionárias" constantes para evitar que o pessoal fique na casa. É cousa do jogo eleitoral. Mas, na verdade, resulta ridículo andar a guerrear para ver quem é mais de esquerdas. Ninguém.

3 falemos claro

Concordo 100%. Non hai esquerda como alternativa para escoller o 20N, so vendedores de fume e farsantes travestidos. Pode aparecer unha alternativa dos indignados, aínda moi verdes, aínda por construir. Dos partidos clásicos só reformiñas para que o poder se manteña nas gadoupas dos mesmos.

4 Bruar

Falemos claro: ti estiveches dende o principio co 15M, participaches nas asembleas abertas, tes claro que o 15M é un mobemento político de participación cidadá de xentes de esquerdas, é dicir, á esquerda do PSOE, IU, BNG? O 15M é un mobemento cidadán, non un partido político, si fora un partido político sería socialdemócrata, non é un mobemento internacionalista, senón socialdemócrata e como moito. É unha reacción aos non avances da sociedade do benestar, por non citar que foi moitas veces invadido ou compartillado por xentes que non son ferventes capacitados políticos. É un mobemento protestario que aparece por unha crise sistémica dos estados neoliberais sobrepasados polo concepto neoliberal da sociedade global. Este planeta ten uns 200 estados soberanos, en cantos deles pensas ti que o 15M rematará sendo alternativa de gobernanza? Unha aperta.

26 Bea

IU é a outra cara da moeda representada no anverso polo PP e o PSOE. Todos defenden un estado centralizado, unha única lingua... ou o que é o mesmo que dicir, a desigualdade. IU non deixa de ser un partido nacionalista, iso si; nacionalista ejpañol!

1 CranioF

¿Que defenden unha única língua? Ti soñas. ¿Quén cona en España defende unha única língua? ¿Unha parte residual de simpatizantes do PP, que deberían estar en Democracia Nacional? Pois vaia cantidade!. Vaia película que vos montades para dirixir o voso odio cara España.

2 Nilo

26 de Febreiro do ano 2009 María de Cospedal: "Los niños gallegos tienen menos oportunidades que en el resto de España por la lengua gallega"