Escribano: "Es el hijo puta del Feijóo ..."

Alguén do PP "chivou" ao deputado dimitido pola Operación Arena que a Policía tiña intervido o seu teléfono. Escribano aproveitou para meterse por teléfono cos seus superiores.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/11/2011 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O PSdeG anuncia que remitirá á Fiscalía o presunto 'chivatazo' co que altos cargos do PP alertarían ao Javier Escribano de que estaba sendo investigado pola Operación Arena.

None

Malia que o deputado dimitido sabía que tiña o teléfono pinchado, seguiu falando polo móbil. Iso si, falou para criticar aos seus compañeiros e dar a entender de que a cúpula do PP estaba ao tanto da investigación e deixou de abordar as xestións en favor do empresario Fermín Duarte, imputado por presuntamente subornas ao político.

Segundo publican Lorena Bustabad e José Precedo en El País, Escribano mantivo unha conversa sobre a investigación o día 22 de outubro cando, en teoría, as escoitas estaban protexidas baixo secreto de sumario.

"Los he convencido de que, como mínimo hasta que no salga algo, de aquí no me voy. Es el hijo puta del Feijoo, que me quiere cortar la cabeza", láiase o ex-líder de Novas Xeracións na Coruña. O político carga contra o presidente do PPdeG dicindo que "Feijóo, el justiciero, me quiere cortar la cabeza. Le gusta dar lecciones de moral en piel ajena".

Nas conversas Escribano protesta polas presións que sofre da cúpula do PPdeG para que dimita e acusa ao seu partido de usar unha dobre moral. O sumario tamén recolle varias reunións do ex-deputado con Carlos Negreira, alcalde da Coruña. Nelas e antes de coñecerse publicamente o caso e erguerse o segredo de sumario, Negrería presionaría ao mozo para que dimitise.

E cal é a versión dos feitos de Feijóo e de Carlos Negreira?

O presidente da Xunta foi cuestionado sobre cando se enterou da investigación na rolda de prensa do Consello de onte. Como é habitual coas preguntas que lle atinxen directamente, Feijóo non deu unha resposta intelixíbel relacionada co que se lle preguntaba.

"Actuamos con el rigor con el que debimos actuar, una vez que tuvimos conocimiento expreso de que el tribunal remite la solicitud para que se acredite la condición de aforado en la Mesa, en ese mismo momento ese diputado dimitió" foi o que dixo.

Carlos Negreira tamén declarou publicamente que non soubo da investigación até que saiu nos medios, versión que contradí de fronte o que dixo o propio Escribano nas súas conversas telefónicas, sabendo que a Policía escoitaba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

10 anonimo

Ay Feijoo, estoy esperando a que te caigas con todo el equipo, y caerás, van apareciendo cositas, y si no es por una será por otra pero al final espero el que la hace la pague. Traidor, cada vez que veo los apuntes de coñe de mi hijo me acuerdo de tí, mentiroso, más que mentiroso. Espero verte fuera de la política en no mucho tiempo. ese dia hasta me voy a coger un pedo de albariño.

9 rem

PP = CORRUPCIÓN S.A.

8 Escéptico

Escribano referiuse a Feijóo cos mesmos termos que Esperanza Aguirre empregou co alcalde de Madrid. Curiosa forma esa que teñen os pepeiros para chamarse uns aos outros; será que coñecen ben a súa propia condición.

7 El PPresidente

¿Y ahora qué digo?, ¿que a Cristo también le salió un Judas? Pero algo así ya lo dijo don Manuel para referirse a Vestringe. ¿Colará si digo que en realidad es un diputado del Bloque? Con la Ciudad de la Cultura, va funcionando: culpamos al bipartito por el engendro, y con la ayuda de La Voz, poco a poco va calando en el vulgo tal idea. Si le colé a Su Santidad a Chini como colaboradora, ¿por qué no va a salir bien esta jugada? ¡Alfonso, marchando una de ayudas para don Santiago y que se ponga a currar, ya!

6 Brais

Pero as xestiós de este sr. deron frutos. Quén é o sr. competente na Xunta que lle fixo caso a este sr.? Nomes e apelidos, por favor.